Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Xoves, 6 de febreiro de 2020 Páx. 8144

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 894/2016).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 894/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Daniel Freire Miramontes contra AAR Grupo Gestiona, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

Visto o estado das actuacións, despois de fixarse un novo sinalamento do acto de xuízo para o día 31 de marzo de 2020 ás 12.00 horas na sala 1, planta baixa, edificio da rúa Berlín, acordo citar as partes baixo os apercibimentos e cos requirimentos adquiridos durante a tramitación do procedemento.

A notificación desta resolución é válida como citación en legal forma ás partes.

Cítese a demandada AAR Grupo Gestiona, S.L., en ignorado paradoiro, por medio de edictos, que se publicarán no DOG e no taboleiro de anuncios do xulgado, facéndolle saber que ten á súa disposición na oficina xudicial a cédula de citación, copia da demanda e decreto de admisión desta e demais resolucións e documentos que figuran no procedemento.

Notifíquese ás partes.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interpoñerá no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación ante a letrada da Administración de xustiza que dita esta resolución, con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

E para que sirva de notificación en legal forma a AAR Grupo Gestiona, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no DOG e taboleiro de anuncios do xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza