Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Xoves, 6 de febreiro de 2020 Páx. 8143

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (DSP 655/2019).

Eu, Eva Ortiz Suárez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 655/2019 deste xulgado do social, se ditaron, con data de hoxe, auto e decreto e que se pode interpor o oportuno recurso de reposición no prazo de tres días contra o primeiro e de revisión contra o segundo. Fáiselles saber aos interesados que poderán ter coñecemento íntegro das ditas resolucións na Secretaría deste órgano xudicial.

Para que sirva de notificación en legal forma a Norte-Sur, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 15 de xaneiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza