Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Xoves, 6 de febreiro de 2020 Páx. 8141

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (291/2017).

Eu, Paloma Recalde Álvarez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento seguridade social 291/2017 deste xulgado do social, seguidos contra a empresa Marco Energy Systems, S.L.U., sobre seguridade social, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

«Na cidade da Coruña o 13 de xaneiro de 2020.

Lara Munín Sánchez, xuíza substituta do Xulgado do Social número dous da Coruña, tras ver os presentes autos sobre seguridade social (determinación de continxencia de incapacidade temporal), por instancia de Antonio Varela Vázquez, que comparece representado polo letrado Sr. Sánchez Sanjurjo, e contra o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, que comparecen representados pola letrada da Administración da Seguridade Social Sra. Regueira Rodríguez, a Mutua Asepeyo, que comparece representada polo seu letrado Sr. Balo Couto, e a empresa Marco Energy System, S.L.U., que non comparece, ditou a seguinte

Sentenza.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Pola parte demandante, Antonio Varela Vázquez, presentouse con data 27 de marzo de 2017 demanda, que por quenda correspondeu a este xulgado do social número 2 da Coruña, en que, tras expoñer os feitos e alegar os fundamentos de dereito que considerou pertinentes, remataba suplicando que se ditase sentenza conforme o pedido.

Segundo. Admitida a trámite a devandita demanda, sinalouse para a celebración do acto de xuízo o día 28 de novembro de 2019 e este celebrouse na data sinalada en todas as súas fases co resultado que consta na correspondente gravación audiovisual. Unha vez concluso o acto do xuízo, quedaron os autos vistos para ditar sentenza.

Terceiro. Na tramitación dos presentes autos observáronse as normas legais de procedemento.

Decido:

Que desestimando a demanda interposta por Antonio Varela Vázquez contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Mutua Asepeyo e a empresa Marco Energy System, S.L.U., debo absolver e absolvo as partes demandadas de todos os pedimentos desta.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que esta non é firme, e fronte a ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, ou por simple manifestación no momento en que se practique a notificación.

Advírtase o recorrente de que se fose entidade xestora ou tivese sido condenada ao aboamento dunha prestación da Seguridade Social de pagamento periódico, ao anunciar o recurso, deberá acompañar certificación acreditativa de que comeza o aboamento desta e que o proseguirá puntualmente mentres dure a súa tramitación.

Se o recorrente fose unha empresa ou mutua patronal que tiver sido condenada ao pagamento dunha pensión da Seguridade Social de carácter periódico, deberá ingresar o importe do capital custo na Tesouraría Xeral da Seguridade Social, logo de determinación por esta do seu importe, unha vez séxalle comunicada polo Xulgado.

Así, por esta a miña sentenza, o pronúncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Marco Energy Systems, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 16 de xaneiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza