Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Xoves, 6 de febreiro de 2020 Páx. 8147

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de resolución (DSP 591/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 591/2019 deste xulgado do social, seguidos por instancia de María Teresa Regueiro Requeijo contra a empresa Áncora Hispania, S.L., sobre despedimento, foi ditada a resolución cuxa parte dispositiva di:

«Que, considerando integramente a demanda interposta por María Teresa Regueiro Requeijo contra Áncora Hispania, S.L., debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento da demandante efectuado pola demandada Áncora Hispana, S.L., con data de efectos do día 31 de xullo de 2019, e debo condenar e condeno a Áncora Hispania, S.L. a que opte entre readmitir inmediatamente a traballadora demandante nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, con aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data efectiva do despedimento ata a notificación desta sentenza a razón de 3,64 euros diarios, ou ben, á escolla do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento á demandante dunha indemnización de 629,79 euros por despedimento improcedente.

A opción polo empresario entre a readmisión da traballadora e a indemnización por despedimento improcedente deberase exercer no prazo de 5 días contados a partir da notificación da presente sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito termo sen que o empresario tivese optado, entenderase que procede a readmisión.

Notifíquese ás partes a presente resolución facéndolles saber que contra ela poderán interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Notifíquese ás partes facéndolles saber que, en aplicación do mandado contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou semellantes, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Áncora Hispania, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza