Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Mércores, 5 de febreiro de 2020 Páx. 7609

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social, pola que se publica o Plan de Inspección de Servizos Sociais de Galicia para o ano 2020 e a avaliación do plan do ano 2019.

O título VIII da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, recolle os mecanismos de control e garantía pública do sistema galego de servizos sociais.

No artigo 59 a lei atribúe á Xunta de Galicia a competencia sobre o Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais, a autorización e acreditación de centros, servizos e programas sociais; o asesoramento e a asistencia técnica ás entidades e institucións que participen na prestación dos servizos sociais, a supervisión e avaliación da calidade na prestación dos servizos sociais, e o exercicio das potestades inspectora e sancionadora.

Pola súa banda, o Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais en Galicia, establece no seu artigo 40 que están suxeitas á inspección de servizos sociais todas as entidades que desenvolvan servizos sociais no ámbito xeográfico da Comunidade Autónoma de Galicia.

De acordo co disposto no artigo 42 deste decreto, a actividade inspectora organízase de conformidade coas directrices e coas prioridades acordadas no plan anual de inspección aprobado pola persoa titular da consellería competente en materia de servizos sociais.

O plan de inspección debe fixar os obxectivos anuais da unidade en relación cos servizos existentes no momento en que se elabore. Ademais, recollerá os datos referidos ao ano anterior e avaliará o grao de cumprimento da planificación realizada.

Polo exposto, o plan de inspección constitúe o marco de actuación da Inspección de Servizos Sociais en Galicia en cada exercicio, establecendo obxectivos xerais e específicos de cada unha das áreas estratéxicas e integrando as actuacións que vai realizar a Subdirección Xeral de Autorización e Inspección de Servizos Sociais para o cumprimento dos obxectivos de mellora da calidade dos servizos sociais e a garantía dos dereitos das persoas usuarias dos distintos centros, servizos e programas que prestan servizos sociais.

Non obstante, esta planificación debe conciliarse con outras actuacións acordadas pola consellería, ou que deriven de necesidades sobrevidas derivadas de circunstancias excepcionais ou da tramitación das queixas que presenten as persoas usuarias dos servizos.

O plan de inspección para o ano 2020 segue unha liña coherente coas actuacións priorizadas nos últimos anos, en relación coa garantía dos dereitos das persoas usuarias e procurando o incremento da calidade nos servizos desenvoltos polas entidades prestadoras de servizos sociais.

Así mesmo, os contratos e convenios realizados pola Consellería de Política Social con entidades privadas serán tamén obxecto de seguimento, e reforzarase a supervisión do destino das axudas e subvencións concedidas ás persoas en situación de dependencia e en risco de exclusión social.

Este plan elaborouse tras consultar aos centros directivos e unidades administrativas da Consellería de Política Social competentes en cada unha das distintas áreas sociais, e tendo en conta o resultado da avaliación do plan de inspección do ano anterior. O plan 2020 aprobouse pola Resolución da conselleira de Política Social do 24 de xaneiro de 2020.

O plan publícase no Diario Oficial de Galicia co fin de afondar no principio de transparencia na actuación inspectora, e de darlle a máxima difusión ao seu contido polo elevado interese social que suscitan os temas que aborda. A crecente exixencia cidadá do control público da actividade das administracións recomenda esta publicación, sobre todo tendo en conta que a Inspección de Servizos Sociais é a encargada de controlar que os centros, servizos e programas de servizos sociais cumpran coa normativa aplicable e garantan unha atención de calidade ás persoas usuarias, que en moitos casos deben gozar dunha especial protección.

Polo exposto,

RESOLVO:

Publicar o Plan de Inspección de Servizos Sociais de Galicia para o ano 2020, que figura como anexo I a esta resolución, xunto cos datos da avaliación do Plan de Inspección de Servizos Sociais de Galicia para o ano 2019, que figura como anexo II, aprobados pola Resolución da conselleira de Política Social do 24 de xaneiro de 2020.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2020

María Francisca Gómez Santos
Secretaria xeral técnica da Consellería de Política Social

ANEXO I

Plan de Inspección de Servicios Sociales de Galicia para o ano 2020

1. Ámbito de aplicación.

A Inspección de Servizos Sociais exerce as súas facultades sobre todas as entidades, centros, programas e servizos que desenvolven actividades de servizos sociais na Comunidade Autónoma de Galicia, sexan de carácter público ou privado, con independencia da existencia, ou non, de ánimo de lucro, do réxime de intervención administrativa que se lles exixa para a súa posta en funcionamento, da denominación formal da actividade, así como do lugar onde a entidade titular ou xestora teña a súa sede ou domicilio legal.

2. Fins e obxectivos específicos.

A Inspección de Servizos Sociais ten como fin verificar o estrito cumprimento da normativa aplicable nesta materia, de xeito que se garantan os dereitos das persoas usuarias e se procure a mellora continua da calidade nos servizos sociais que se lles presten á cidadanía no territorio de Galicia.

Para isto, márcanse os seguintes obxectivos específicos:

a) Velar polo respecto dos dereitos das persoas usuarias dos servizos sociais, en especial daquelas persoas que reciben servizos de atención residencial.

b) Impulsar a implantación de medidas de mellora da calidade nos servizos sociais públicos e privados, fomentando a utilización de indicadores de calidade para facilitar a medición integral e continua do servizo prestado e dos procesos de atención.

c) Velar polo axeitado emprego das axudas e subvencións concedidas, e polo cumprimento das cláusulas contractuais e dos convenios asinados pola Consellería de Política Social nesta área.

d) Propoñer medidas para incrementar a eficiencia da oferta de servizos sociais existente e a súa adaptación á conxuntura socioeconómica.

3. Vixencia.

A vixencia deste plan estenderase ata o 31 de decembro de 2020. De ser preciso, prorrogarase de forma tácita ata a entrada en vigor do seguinte plan de inspección.

4. Principios reguladores.

A Inspección de Servizos Sociais desempeña as funcións que lle son propias con suxeición aos seguintes principios informadores:

a) Capacidade e competencia profesional, con sometemento pleno á lei e ao dereito, ética, rigor, eficacia, obxectividade e imparcialidade no desenvolvemento da función inspectora.

b) Planificación do traballo, coherencia e sistematización, sen prexuízo de que pola súa transcendencia e urxencia existan necesidades sobrevidas.

c) Xerarquía, debendo cumprir as instrucións e ordes de servizo ditadas polo órgano competente para iso.

d) Reserva e confidencialidade das actuacións, así como respecto da documentación con orixe e destino na Inspección de Servizos Sociais.

e) Coordinación e traballo en equipo que garanta a homologación e homoxeneidade de criterios, en todos os seus ámbitos de actuación.

f) Cultura da calidade nas súas actuacións, para promover a mellora continua do nivel de calidade na prestación dos servizos das entidades, servizos, centros e programas de servizos sociais, de modo que a atención das persoas usuarias sexa máis humana, eficaz e orientada á satisfacción das súas necesidades.

g) Carácter asesor e orientador das entidades, servizos, centros e programas de servizos sociais de Galicia.

5. Funcións da Inspección de Servizos Sociais.

De conformidade co artigo 73 Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, son funcións da Inspección de Servizos Sociais:

a) Verificar o cumprimento dos requisitos e das condicións exixibles para a prestación e o funcionamento dos servizos de conformidade coa súa normativa sectorial específica e mais para a acreditación en materia de servizos sociais.

b) Velar polo respecto dos dereitos das persoas usuarias dos servizos sociais.

c) Controlar o cumprimento da normativa vixente e o nivel de calidade dos servizos sociais que se presten no territorio de Galicia, podendo formular propostas de mellora na calidade dos servizos sociais.

d) Asesorar, no exercicio das actuacións de inspección, as entidades prestadoras de servizos sociais titulares ou xestoras de centros, programas ou servizos e as persoas usuarias ou os seus representantes legais sobre os seus respectivos dereitos e deberes e sobre a forma de cumprir as disposicións vixentes sobre a materia.

e) Emitir informe sobre o destino e a adecuada utilización das subvencións e axudas públicas percibidas por persoas físicas ou xurídicas en materia de servizos sociais, así como sobre calquera outra axuda económica articulada a través de convenios, contratos ou outras figuras establecidas na normativa vixente.

f) Recibir e investigar queixas e reclamacións.

g) Emitir informes e propoñer a iniciación de expedientes sancionadores, a adopción de medidas cautelares, a clausura ou o cesamento definitivo de servizos, centros e programas, a suspensión ou o cesamento temporal de servizos, centros e programas, a revogación das autorizacións e das resolucións ditadas no procedemento de comprobación no caso de servizos suxeitos a declaración responsable, así como a revogación e suspensión das acreditacións concedidas.

h) Todas aquelas funcións que lle encomende a lei ou a súa normativa de desenvolvemento.

6. Liñas estratéxicas de actuación para o ano 2020.

1. Liña 1: información e asesoramento en materia de rexistro e autorización de entidades, centros, servizos e programas de servizos sociais.

Para o ano 2020 establécense os seguintes obxectivos:

a) Desenvolver as actuacións técnicas e de asesoramento precisas para implantar a tramitación electrónica obrigatoria de todos os procedementos xestionados pola Inspección de Servizos Sociais, establecida coa recente modificación do Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais en Galicia.

b) Actualización permanente do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS, no sucesivo), co fin de garantir a máxima transparencia para a cidadanía en canto ás entidades, centros e programas de servizos sociais existentes en Galicia.

c) Actualización que sexa precisa dos contidos da Asesoría Virtual de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais, tras a publicación da nova web realizada no ano 2019, como medio para facilitar o coñecemento polas entidades sobre as funcións e actividades que se realizan desde a inspección.

d) Reforzar os labores de asesoramento ás entidades para o cumprimento da normativa vixente no relativo á posta en marcha de centros, programas ou servizos, e ao adecuado funcionamento destes.

e) Realización de visitas de inspección para a concesión da autorización de inicio de actividades, ou para autorizar as modificacións substanciais e os cesamentos de actividades.

f) Incorporación ao RUEPSS da información sobre o financiamento que recibiron durante o ano 2019 as entidades inscritas, co fin de dispoñer dunha visión integral das axudas concedidas por cada centro directivo da Consellería de Política Social a cada unha delas.

g) Identificar e impulsar a difusión, entre as entidades prestadoras de servizos sociais e profesionais, das boas prácticas en relación coa calidade da atención.

2. Liña 2: inspección e garantía de dereitos.

Nesta liña fíxanse como obxectivos para o ano 2020:

a) Envío de instrucións e documentación para a elaboración do control de legalidade á totalidade de centros e programas autorizados, agás aos centros de xestión propia da Xunta de Galicia, a aqueles que dependen da Axencia Galega de Servizos Sociais e do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, e aos programas de titularidade municipal.

b) Inspección de entidades, centros, servizos e programas de servizos sociais.

c) Tramitación do 100 % das denuncias e queixas recibidas, realizando visita de comprobación dos feitos denunciados, se for o caso, e dando resposta ás persoas interesadas en todos os casos.

d) Serán obxecto de especial seguimento os centros e servizos que fosen obxecto en anos anteriores de sanción administrativa en materia de servizos sociais. Así mesmo, serán obxecto de especial seguimento os centros, servizos e programas sobre os que se presentou queixa, denuncia ou reclamación.

Nas visitas de inspección incidirase especialmente en:

– Garantía dos dereitos das persoas usuarias en centros residenciais para persoas en situación de dependencia, e para menores.

– A detección e intervención en caso de malos tratos, tanto físicos, emocionais, de abandono ou de neglixencia.

– A protección das persoas coa capacidade modificada. En especial, a comunicación á autoridade xudicial ou administrativa competente, cando sexa exixible, o ingreso ou a saída dos centros de servizos sociais das persoas usuarias; e dar inmediata conta, no caso de incapacidade sobrevida de persoas usuarias, á autoridade xudicial por parte da dirección do centro.

– A racionalización do uso de suxeicións físicas nos centros de servizos sociais, e a súa correcta aplicación e retirada.

– O cumprimento da ratio mínima de persoal exixible a cada tipo de centro ou programa.

– Verificación do cumprimento da ocupación máxima dos centros conforme a tipoloxía de centro e a capacidade máxima autorizada.

e) Incidir na garantía dos dereitos das persoas usuarias do servizo de axuda no fogar, en especial no que se refire a:

– O cumprimento da ratio mínima de persoal técnico coordinador, por parte das entidades prestadoras do servizo.

– O seguimento efectivo da prestación, que o persoal técnico debe realizar nos domicilios das persoas usuarias, velando que o persoal auxiliar realiza as tarefas deseñadas para cada usuario/a.

f) Asesoramento e inspección dos servizos comunitarios no que refire á aplicación das disposicións do Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento.

3. Liña 3: calidade e acreditación.

Durante o ano 2020 acometeranse as seguintes actuacións:

a) Análise do grao de implantación dos protocolos mínimos de funcionamento nos centros, programas e servizos, de conformidade co que se establece nos protocolos de inspección aprobados en cada área.

b) Colaboración con outras unidades administrativas na valoración dos criterios de adxudicación das ofertas establecidos nos contratos que se liciten nos que así se solicite, mediante a constitución de comités de persoas expertas que poidan requirirse.

4. Liña 4: formación e capacitación.

Esta liña de actuación abordará as necesidades formativas tanto do persoal de nova incorporación como a formación continua do persoal que xa desempeña as funcións de inspección.

Para estes efectos, ao longo do ano promoverase a realización e a participación en xornadas de carácter monográfico sobre as diferentes áreas en que se desenvolve a inspección, coa colaboración do persoal das unidades competentes en cada unha das materias.

Así mesmo, facilitarase a participación nas accións formativas impartidas por outras entidades públicas ou privadas.

Así mesmo, valorarase a realización dunha nova edición do curso de capacitación para o desempeño da función de Inspección de Servizos Sociais que prevé o Decreto 254/2011, do 23 de decembro.

5. Liña 5: mellora e renovación da normativa en materia de servizos sociais.

Fíxase como obxectivo durante o ano 2020:

a) Liderar a tramitación dun novo decreto de ordenación e inspección dos servizos sociais en Galicia, onde se actualice o réxime de intervención administrativa no marco dos servizos sociais, de conformidade co disposto na Lei 13/2018, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, e nas distintas carteiras de servizos sociais aprobadas pola Xunta de Galicia.

b) Elaboración dunha orde pola que se regulen os procedementos para a presentación directa de queixas e denuncias e para a achega polas entidades de reclamacións sobre centros, servizos e programas de servizos sociais e reclamacións en materia de servizos, programas e centros de servizos sociais.

c) Así mesmo, revisarase a normativa de centros de atención a persoas maiores, que é do ano 1996, para adaptala ás necesidades actuais deste tipo de centros.

d) Elaboración dunha orde de desenvolvemento parcial do Decreto 149/2013, do 5 de setembro, polo que se define a carteira de servizos sociais para a promoción da autonomía persoal e a atención ás persoas en situación de dependencia e determina o sistema de participación das persoas usuarias no financiamento do seu custo, no relativo aos requisitos materiais e funcionais de determinados servizos para persoas dependentes con discapacidade.

e) Propoñer ao órgano competente a modificación dos textos normativos na materia, co fin de adaptalos ás necesidades actuais e á propia experiencia da Inspección de Servizos Sociais derivada do exercicio das súas funcións.

f) Participar e asesorar na elaboración dos anteproxectos normativos en que se solicite a dita participación.

7. Metodoloxía.

1. Ás funcións de información e asesoramento ás entidades instruméntanse mediante:

a) O asesoramento e recomendacións en relación cos regulamentos de réxime interior dos distintos centros e programas, a resolución de consultas das persoas interesadas e das entidades prestadoras de servizos sociais que desexan por en funcionamento novos servizos, en relación co deseño, a autorización de centros, programas e servizos; e sobre a mellora da calidade dos servizos sociais en relación con aqueles que xa están en funcionamento.

b) A aplicación de sistemas de avaliación cuxos resultados orienten as directrices que se adopten na prestación da atención ás persoas usuarias e ás súas familias.

2. A función de garantía dos dereitos das persoas usuarias comprende as actividades de información e asesoramento ás persoas usuarias dos servizos sociais de cara a garantir o respecto dos seus dereitos.

Así mesmo, as persoas usuarias poderán remitir directamente queixas e reclamacións á unidade de Inspección de Servizos Sociais co fin de que as avalíe e, cando proceda, realice as actuacións oportunas. Do resultado das actuacións realizadas darase conta á persoa interesada no prazo máis breve posible.

3. As funcións de control da legalidade vixente instrumentaranse a través de:

a) A realización de controis da documentación referida aos servizos sociais en funcionamento, en aspectos relacionados co mantemento das instalacións, pólizas de seguros, carteira de servizos e recursos humanos empregados. Promoverase o cumprimento desta obriga mediante medios electrónicos.

b) Realización de visitas de inspección aos centros e programas de servizos sociais para a comprobación do cumprimento dos requisitos legalmente exixidos pola normativa específica en materia de servizos sociais, con carácter previo ao inicio das actividades e, posteriormente, durante o seu funcionamento.

c) Realización de informes de inspección e requirimentos dirixidos ás entidades para a emenda de deficiencias detectadas e/o recomendacións en torno á mellora dos servizos.

d) Proposta da adopción de medidas preventivas e/o provisionais, de clausura de centros, de suspensión de actividades e de inicio de expedientes sancionadores.

4. A función de emisión de informes sobre o financiamento público instruméntase a través de:

a) A emisión de informes sobre a contratación de servizos, a concesión de subvencións ou doutras fórmulas de financiamento público, así como sobre o funcionamento dos servizos sociais contratados e o cumprimento das condicións ofertadas.

b) A realización de visitas e informes para a verificación das condicións de desenvolvemento dos servizos, de emprego das axudas e da avaliación dos resultados acadados con elas.

5. Así mesmo, a unidade de Inspección de Servizos Sociais poderá colaborar con outros órganos ou organismos da Xunta de Galicia ou doutras administracións públicas no exercicio das competencias que ten atribuídas.

En especial:

a) Colaboración coa Dirección Xeral de Saúde Pública en aspectos relacionados coas condicións dos comedores, cociñas, almacéns e locais de manipulación de alimentos.

b) Colaboración coa Inspección de Servizos Sanitarios en canto á atención sanitaria prestada nos centros, ao almacenamento de medicamentos, utilización da tarxeta sanitaria, consentimento asinado para delegar no centro as condicións e a modalidade do servizo sanitario.

c) Colaboración co Instituto Galego de Consumo e da Competencia sobre os dereitos básicos das persoas consumidoras e usuarias, no dereito á información e á protección dos intereses lexítimos económicos das persoas consumidoras, réxime de comprobación e servizos de atención ao cliente.

d) Colaboración coa Inspección de Traballo e Seguridade Social no intercambio de información sobre aspectos que se detecten en canto a posibles incumprimentos da normativa laboral do persoal que presta servizos nos centros, servizos e programas de servizos sociais.

6. As visitas de inspección realizaranse segundo os seguintes criterios:

a) O persoal inspector poderá acceder libremente, sen previa notificación, e en calquera momento, a todos os centros de servizos sociais, á sede das entidades prestadoras ou ás instalacións de referencia dos servizos ou programas. Non obstante, notificarase previamente a actuación no caso das visitas previas aos permisos de apertura de centros e nas inspeccións que se realicen aos servizos comunitarios dos concellos.

b) Durante a visita de inspección, o persoal inspector está facultado para acceder a todas as dependencias, para efectuar toda clase de comprobacións materiais, documentais, rexistrais e contables, para entrevistarse con carácter privado cos e coas profesionais e coas familias/persoas usuarias ou seus representantes legais, e para realizar cantas outras actuacións conduzan a un mellor coñecemento dos feitos.

c) As visitas de inspección poderanse realizar en calquera momento, incluíndo horario nocturno, fin de semana e festivos. As inspeccións poderán ser referidas á totalidade do funcionamento do centro, ou sectoriais por determinados aspectos en que conveña incidir.

7. Para o desenvolvemento da función inspectora e a actividade de acreditación dotarase á Inspección de Servizos Sociais do persoal e medios que resulten axeitados e garantan a colaboración dos restantes órganos, e contará co apoio e colaboración doutras administracións públicas con facultades inspectoras ou competencias para o efectivo exercicio das funcións inspectoras.

8. Finalizado o período de vixencia do plan levarase a cabo a súa avaliación coas actuacións realizadas e o seu grao de cumprimento.

8. Procedementos do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS).

Tramitación electrónica dos procedementos xestionados pola unidade de Inspección de Servizos Sociais:

a) Inscrición de entidades.

b) Modificación de datos.

c) Cambio de titularidade de centros e programas.

d) Cambio de entidade xestora de centros e programas.

e) Cancelación de entidades.

Así mesmo, iniciarase un procedemento de cancelación de oficio no RUEPSS das entidades inscritas que non presentaron a memoria anual de actividades os dous últimos anos, segundo o disposto no artigo 18.2.c) do Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais en Galicia.

9. Procedementos de autorización de centros e programas de servizos sociais.

Tramitación electrónica dos procedementos xestionados pola unidade de Inspección de Servizos Sociais:

a) Creación/construción de centros.

b) Inicio de actividades de centros e programas.

c) Modificación substancial de centros e programas.

d) Cesamento de actividades de centros e programas.

e) Rehabilitación de autorizacións.

No ano 2020 prevese a tramitación dos seguintes procedementos:

Familia e menores

Maiores, discapacidade e dependencia

Servizos comunitarios e inclusión social

Total

Inicio de actividades

15

25

10

50

10. Liñas específicas de inspección para o ano 2020.

As liñas específicas de inspección para o ano 2020 desenvolveranse nas seguintes áreas:

a) Familia e menores.

b) Maiores, discapacidade e dependencia.

c) Servizos comunitarios e inclusión social.

11. Liñas específicas nas áreas de familia e menores.

1. Familia.

a) Inspección do 100 % dos puntos de encontro familiar (PEF).

Nas visitas de inspección realizadas aos PEF titularidade da Xunta de Galicia que estean xestionados por outras entidades, de solicitarse pola Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, verificarase o cumprimento do contrato administrativo asinado. Do resultado destas visitas darase conta ao devandito centro directivo.

Provincia

Número de centros

Previsión centros que se visitarán en 2020

A Coruña

3

3

Lugo

1

1

Ourense

1

1

Pontevedra

2

2

Total

7

7

b) Inspección do 100 % das entidades colaboradoras de adopción internacional (ECAIS) actualmente habilitadas.

Número de entidades

Previsión entidades que se visitarán en 2020

4

4

2. Infancia.

a) Inspección de 262 centros de atención á infancia (escolas infantís, puntos de atención á infancia, espazos infantís e ludotecas), o que supón o 44 % destes recursos.

Incidirase especialmente en:

– Visita aos centros sancionados anteriormente, ou con denuncias reiteradas das cales se verificaron aspectos susceptibles de mellora, así como a aqueles que levan máis tempo sen inspeccionarse.

– Cumprimento das ratios mínimas de persoal exixidas pola normativa aplicable a cada tipo de centro, e en que este posúa a formación requirida.

– Verificación do cumprimento da ocupación máxima dos centros conforme a capacidade máxima autorizada e á tipoloxía de centro autorizado.

– Implantación efectiva do currículo educativo das escolas infantís, en especial nos aspectos relacionados coa proposta pedagóxica.

– Condicións de seguridade dos centros.

– Garantía dos dereitos das nenas e nenos, e das familias.

Provincia

Número de centros

Previsión centros que se visitarán en 2020

A Coruña

245

108

Lugo

75

33

Ourense

77

34

Pontevedra

198

87

Total

595

262

b) Emisión da totalidade dos informes que se requiran para a concesión de financiamento público a centros de atención á infancia.

c) En 2020 realizarase unha campaña específica de comprobación da ratio mínima de persoal de atención educativa e de apoio nas escolas infantís.

3. Menores.

a) Inspección do 100 % dos centros de menores.

Provincia

Número de centros

Previsión centros que se visitarán en 2020

A Coruña

22

22

Lugo

16

16

Ourense

16

16

Pontevedra

36

36

Total

90

90

b) Na inspección dos centros titularidade da Xunta de Galicia que estean xestionados por outras entidades, e os centros titularidade doutras entidades con prazas contratadas ou conveniadas pola Consellería de Política Social, de solicitarse pola Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica verificarase o cumprimento do contrato administrativo asinado. Do resultado destas visitas, así como das visitas realizadas a centros de menores titularidade da Xunta de Galicia de xestión propia, darase conta ao devandito centro directivo.

c) Incidirase especialmente na atención prestada ás e aos menores, velando pola garantía dos seus dereitos.

d) Realizarase un seguimento aos plans e programas postos en marcha pola Consellería de Política Social.

e) Impulsarase, na medida do posible, a adopción de medidas tendentes a mellorar a coordinación entre os Equipos Técnicos de Menores das xefaturas territoriais e os centros en funcionamento.

f) Traballarase, de ser preciso, na modificación e adaptación dos protocolos de funcionamento dos centros de menores.

g) Impulsarase a realización dun modelo de regulamento de réxime interno para os centros de menores.

4. Subvencións e convenios.

a) Visitas para a posta en funcionamento de novas casas niño, proxectos destinados á atención de nenas e nenos de ata 3 anos de idade, e establecidas nos núcleos rurais en que non exista ningún outro recurso de atención continuada á infancia ata esta idade; así como o seguimento de proxectos aprobados en anos anteriores.

b) Outras inspeccións que se soliciten desde a Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.

Inspeccións previstas 2020

Casas niño

100 % das solicitadas

Outras subvencións e convenios

100 % das solicitadas

12. Liñas específicas nas áreas de maiores, discapacidade e dependencia.

1. Maiores.

a) Durante o ano 2020 proseguirase o proceso de regularización dos centros de atención a persoas maiores e discapacidade que están en funcionamento sen a preceptiva autorización.

b) Inspección do 65 % dos centros residenciais de persoas maiores (apartamentos tutelados, vivendas comunitarias, fogares residenciais e residencias).

Provincia

Número de centros

Previsión centros que se visitarán en 2020

A Coruña

99

64

Lugo

75

49

Ourense

129

84

Pontevedra

73

47

Total

376

244

c) Inspección do 35 % dos centros de día de persoas maiores (centros de día e centros de día de alzhéimer).

Provincia

Número de centros

Previsión centros que se visitarán en 2020

A Coruña

85

30

Lugo

46

16

Ourense

35

12

Pontevedra

85

30

Total

251

88

d) Os fogares/clubs (20 centros), dada a súa tipoloxía, non serán obxecto de inspección, salvo no caso de denuncia.

e) Incidirase especialmente en:

– Cumprimento das ratios mínimas de persoal exixidas pola normativa aplicable a cada tipo de centro, e en que este posúa a formación requirida.

– Verificación do cumprimento da ocupación máxima dos centros conforme a capacidade máxima autorizada e a tipoloxía de centro autorizado.

– Na inspección dos centros titularidade da Xunta de Galicia que estean xestionados por outras entidades e os centros titularidade doutras entidades con prazas contratadas pola Consellería de Política Social, de solicitarse pola Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, verificarase o cumprimento do contrato administrativo. Do resultado destas visitas, así como das visitas realizadas a centros titularidade da Xunta de Galicia de xestión propia, darase conta ao devandito centro directivo.

– Nas visitas aos centros comprobarase as persoas que teñen libranza vinculadas á adquisición do servizo, remitíndose esta información á Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade.

f) En 2020 realizaranse as seguintes campañas específicas de inspección nos centros residenciais de atención a persoas maiores:

– Campaña de garantía dos dereitos patrimoniais das persoas usuarias sen familia próxima.

– Campaña de comprobación do cumprimento do réxime de prezos dos centros.

2. Discapacidade.

a) Inspección do 35 % centros residenciais de persoas con discapacidade (apartamentos tutelados, vivendas/pisos tutelados, residencias de persoas con discapacidade adultas e residencias de persoas con discapacidade gravemente afectadas).

Provincia

Número de centros

Previsión centros que se visitarán en 2020

A Coruña

41

14

Lugo

23

8

Ourense

17

6

Pontevedra

28

10

Total

109

38

b) Inspección do 30 % centros de atención diúrna de persoas con discapacidade (centros ocupacionais e centros de día).

Provincia

Número de centros

Previsión centros que se visitarán en 2020

A Coruña

67

20

Lugo

18

5

Ourense

14

4

Pontevedra

49

15

Total

148

44

c) Incidirase especialmente en:

– Cumprimento das ratios mínimas de persoal exixidas pola normativa aplicable a cada tipo de centro, e en que este posúa a formación requirida.

– Verificación do cumprimento da ocupación máxima dos centros conforme a capacidade máxima autorizada e a tipoloxía de centro autorizado.

– Na inspección dos centros titularidade da Xunta de Galicia que estean xestionados por outras entidades e os centros titularidade doutras entidades con prazas contratadas pola Consellería de Política Social, de solicitarse pola Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, verificarase o cumprimento do contrato administrativo. Do resultado destas visitas, así como das visitas realizadas a centros titularidade da Xunta de Galicia de xestión propia, darase conta ao devandito centro directivo.

– En todas as visitas aos centros comprobarase a exactitude dos datos referidos ás libranzas vinculadas á adquisición destes servizos, segundo as nóminas remitidas desde as xefaturas territoriais.

3. Subvencións e convenios.

a) Visitas no programa de subvencións para a posta en funcionamento de casas do maior, experiencias piloto destinadas á atención de mulleres e homes maiores de 60 anos de idade, en situación de dependencia moderada e severa, grao I e grao II respectivamente, mediante o establecemento da casa do maior nos concellos de menos de 5.000 habitantes; así como o seguimento dos proxectos aprobados en anos anteriores.

b) Outras inspeccións que se soliciten desde a Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade.

Inspeccións previstas 2020

Casas do maior

100 % das solicitadas

Outras subvencións e convenios

100 % das solicitadas

13. Liñas específicas nas áreas de servizos comunitarios e inclusión social.

1. Servizo de axuda no fogar de entidades privadas.

a) Inspección a 100 empresas privadas de axuda no fogar, priorizando as visitas ás empresas que estean a xestionar programas de titularidade local e as que presten servizo a persoas usuarias de libranza vinculada ao servizo de axuda no fogar, neste último caso comprobándose que a prestación se destina á adquisición destes servizos, segundo as nóminas remitidas polas distintas xefaturas territoriais.

Número de entidades

Previsión entidades que se visitarán en 2020

180

100

b) Estímase a realización de 100 visitas domiciliarias co obxecto de comprobar a efectiva adquisición dos servizos e as súas intensidades, así como a adecuación dos servizos establecidos nos plans de atencións individuais e os seguimentos das persoas usuarias (daráselle prioridade aos domicilios que teñan concedida unha libranza vinculada á adquisición do servizo e aqueles de persoas usuarias do sistema da dependencia que perciben os servizos a través de empresas xestoras dos programas de axuda no fogar dos concellos).

Previsión visitas que se realizarán en 2020

Visitas domiciliarias

100

2. Servizos sociais comunitarios.

a) No ano 2020 continuarase co obxectivo de asesorar os concellos para que os distintos programas que se levan a cabo neste nivel de atención se adapten á normativa de aplicación.

b) Nas visitas prestarase especial atención ao programa de axuda no fogar, comprobando que o servizo se adapta ás necesidades das persoas usuarias e que se están a realizar as visitas de seguimento da prestación nos domicilios dos usuarios/as.

c) Asesorarase no rexistro e comunicación das diminucións horarias que xorden na prestación do servizo de axuda no fogar e que minoran no mes de referencia as horas efectivamente prestadas que constan no SIGAD-CONCELLOS, co obxecto de que as horas financiadas pola Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade sexan as efectivamente prestadas nos domicilios das persoas usuarias.

d) Estímase a realización de 100 visitas aos servizos sociais comunitarios dos concellos, co obxecto de coordinar e controlar a calidade dos programas comunitarios que están a desenvolver, prestando especial atención ao servizo de axuda no fogar.

Previsión concellos que se visitarán en 2020

Servizos comunitarios dos concellos

100

e) Velar pola garantía dos dereitos das persoas usuarias en relación cos devanditos programas, así como comprobar a adecuación á súa finalidade das subvencións percibidas a través do Plan concertado de servizos sociais.

3. Centros de inclusión, igualdade e sociocomunitarios.

a) Durante o ano 2020 realizaranse visitas de inspección ordinaria ao 53 % dos centros de inclusión autorizados, incidindo na comprobación dos ingresos voluntarios, na necesidade de facer unha valoración inicial ao ingreso no centro e na adopción das medidas de protección que sexan necesarias para as persoas usuarias. Tamén se verificará a existencia do proxecto de inclusión social/inserción laboral de todas as persoas residentes nos centros.

b) Visitarase o 100 % dos centros de igualdade e 2 centros sociocomunitarios de titularidade da Xunta de Galicia.

c) Emitiranse os informes solicitados polos departamentos da Consellería, en relación coas subvencións solicitadas polas entidades titulares dos centros de inclusión.

Número de centros

Previsión centros que se visitarán en 2020

Centros inclusión

75

40

Centros igualdade

11

11

Centros sociocomunitarios

44

 2

4. Subvencións, convenios e prestacións.

a) No 2020 continuarase co programa de visitas de seguimento aos servizos de atención temperá que se desenvolven de xeito individual ou compartido polas entidades locais de Galicia no marco da Rede galega de atención temperá (regulada polo Decreto 183/2013, do 5 de decembro, polo que se crea a rede). Inspeccionarase o 100 % dos programas solicitados pola Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade.

b) Realizaranse 2 visitas de seguimento de itinerarios de inclusión sociolaboral, cursos, subvencións e convenios segundo os criterios acordados coas distintas unidades administrativas.

c) En canto ao seguimento de Risga e Ais, suxeito aos datos remitidos polas distintas xefaturas territoriais, realizaranse 50 seguimentos de expedientes desta natureza. O obxectivo é constatar, na medida do posible, o mantemento dos requisitos que deron lugar á citada prestación. No caso das Ais, verificarase que a axuda se destinou á finalidade para a que foi concedida.

d) Realizaranse visitas de inspección do programa de apoio á mobilidade persoal, en que se comprobará o grao de cumprimento da normativa de aplicación das empresas adxudicatarias do servizo. Inspeccionarase o 100 % dos programas solicitados pola Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade.

Inspeccións previstas 2020

Programas da Rede galega de atención temperá

100 % das solicitadas

Programa apoio á mobilidade persoal

100 % das solicitadas

Prestacións Risga e Ais

50

Itinerarios de inclusión sociolaboral

2

Subvencións, contratos e convenios

2

14. Tramitación de queixas e denuncias.

Tramitaranse as queixas e denuncias que se reciban na unidade de Inspección de Servizos Sociais.

Contestarase o 100 % das queixas e denuncias que se presenten ante a Inspección de Servizos Sociais, logo da realización, de ser preciso, da oportuna visita de inspección.

ANEXO II

Avaliación do Plan de Inspección de Servizos Sociais de Galicia para o ano 2019

1. Tramitación de procedementos do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS).

Procedementos rexistrais RUEPSS 2019

Expedientes tramitados

Inscrición

227

Modificación de datos

320

Cancelación

23

Total

570

2. Tramitación de procedementos de autorización de centros e programas de servizos sociais.

Procedementos de autorización 2019

Familia e menores

Maiores, discapacidade e dependencia

Servizos comunitarios e inclusión social

Total

Viabilidades

4

25

-

29

Creación/construción

38

48

7

93

Inicio de actividades

27

54

23

104

Modificación substancial

51

50

15

116

Cambio de titularidade

21

14

2

37

Cambio entidade xestora

8

1

22

31

Redistribución unidades en escolas infantís

134

-

-

134

Cesamento actividades

56

8

20

84

Rehabilitación autorización

-

1

-

1

Visado de regulamentos de réxime interior

51

85

49

185

Total

390

286

138

814

3. Visitas ás páxinas web xestionadas pola Inspección de Servizos Sociais.

Web

Visitas 2019

RUEPSS (https://politicasocial.xunta.gal/XiacWeb/)

116.931

Asesoría virtual (https://politicasocial.xunta.gal/gl/recursos/asesoria-virtual-de-entidades)

35.726

– RUEPSS: incorporouse un novo módulo de documentación.

– Asesoría virtual: desenvolveuse unha nova web da Asesoría Virtual de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais, integrada na páxina web da Consellería de Política Social.

4. Centros, servizos e programas de servizos sociais inspeccionados.

Centros, servizos e programas de servizos sociais inspeccionados 2019

Área

Centros previstos

Centros inspeccionados

 % realización

Menores

87

87

100 %

Infancia

260

262

101 %

PEF

7

7

100 %

ECAI

7

5

71 %

Maiores

216

350

162 %

Discapacidade

90

76

84 %

SAF-Privado

100

85

85 %

Visitas domiciliarias SAF

100

136

136 %

Servizos comunitarios

100

97

97 %

Centros inclusión

40

42

105 %

Centros igualdade

11

11

100 %

Centros sociocomunitarios

2

2

100 %

Total

1.060

1.160

109 %

5. Visitas de inspección realizadas.

Visitas de inspección 2019

Inspeccións previstas

Inspeccións realizadas

 % realización

Familia e menores

524

571

109 %

Maiores, discapacidade e dependencia

395

503

127 %

Servizos comunitarios e inclusión social

437

442

101 %

Total

1.356

1.516

112 %

6. Denuncias tramitadas.

Avaliación 2019

Familia e menores

Maiores, discapacidade e dependencia

Servizos comunitarios e inclusión social

Total

Denuncias tramitadas

91

233

122

446

7. Prestacións, subvencións e convenios inspeccionados.

Avaliación 2019

Previstos

Realizados

 % realización

Subvencións e convenios

80

37

46 %

Programas atención temperá

10

13

130 %

Risgas e Ais

50

52

104 %

Total

140

102

73 %

8. Controis de legalidade.

Avaliación 2019

Familia e menores

Maiores, discapacidade e dependencia

Servizos comunitarios e inclusión social

Total

Controis legalidade enviados

523

740

275

1.538

9. Participación na elaboración e/ou modificación de normativa.

Norma

Actuación

Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia

Proposta de modificación

Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais en Galicia

Proposta de modificación

Decreto 124/2019, do 5 de setembro, polo que se aproba o Catálogo de espectáculos públicos, actividades recreativas e establecementos abertos ao público da Comunidade Autónoma de Galicia e se establecen determinadas disposicións xerais de aplicación na materia

Propostas