Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Mércores, 5 de febreiro de 2020 Páx. 7606

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura e Turismo

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura e Turismo, pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2019.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar, no Diario Oficial de Galicia, unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único. Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Cultura e Turismo nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2019, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2020

Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura e Turismo

ANEXO

Título

Data da sinatura

Importe

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e a Fundación Reveriano Soutullo para o proxecto de edición da obra de Reveriano Soutullo

10.9.2019

6.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e o Concello de Boqueixón para o acondicionamento do auditorio da Casa da Cultura de Camporrapado

12.9.2019

40.000,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e o Concello de Agolada para a rehabilitación das antigas cortes dos cabalos do recinto dos Pendellos de Agolada

16.9.2019

45.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e o Concello de Ribadavia para a mellora da Casa da Cultura de Ribadavia

16.9.2019

60.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e o Concello de Oímbra para a musealización da Bodega “Lagar das Barrocas”

16.9.2019

33.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e o Concello da Peroxa para o equipamento do auditorio da Peroxa

16.9.2019

35.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e Contemporánea –Asociación de Galerías de Arte Contemporánea de Galicia– para a produción, comunicación e difusión da programación das galerías asociadas e da propia asociación

18.9.2019

35.000,00 €


Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia (España) e a Ruprecht-Karls-Universität Heidelberg (Alemaña) para a docencia, a investigación e a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas

19.9.2019

75.000,00 €

Convenio de colaboración para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas coa Uniwersytet Jagielloński (Cracovia-Polonia)

19.9.2019

3.000,00 €

Convenio de colaboración para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas coa Christian-Albrechts-Universität zu Kiel (Alemaña)

1.10.2019

63.976,32 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Deputación Provincial de Lugo para a realización do Premio Otero Pedrayo 2019

7.10.2019

8.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e o Concello da Cañiza para a restauración da ponte de Noceifas na Ponte, O Couto, A Cañiza (Pontevedra)

8.10.2019

Sen custo

Convenio marco de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura e Turismo, e a Organización de Estados Iberoamericanos para a educación, a ciencia e a cultura (OEI) para a colaboración en materia de cultura

9.10.2019

Sen custo

Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e a Consellería de Cultura e Turismo para o desenvolvemento de actividades de formación

17.10.2019

1.560,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e a Real Academia Galega de Belas Artes de Nosa Señora do Rosario para o financiamento de gastos correntes e de capital destinados á realización de diversas actividades de investigación e divulgativas do noso patrimonio cultural

18.10.2019

40.000,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura e Turismo e o Concello de Moraña para a subministración de mobiliario e equipamento de iluminación e son do novo edificio sociocultural multiúsos

23.10.2019

45.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia (España) e a Freie Universität Berlin (Alemaña) para a docencia, a investigación e a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas

28.10.2019

12.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia (España) e Universität Leipzig (Alemaña) para a docencia, a investigación e a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas

28.10.2019

88.225,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e a Diocese de Ourense para a posta á disposición dos terreos e inmobles necesarios para a execución das actuacións de conservación e restauración dos inmobles eclesiásticos incluídos no anexo de intervencións vinculadas a este convenio

28.10.2019

Sen custo

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e a Diocese de Lugo para a posta á disposición dos terreos e inmobles necesarios para a execución das actuacións de conservación e restauración dos inmobles eclesiásticos incluídos no anexo de intervencións vinculadas a este convenio

4.11.2019

Sen custo

Convenio marco de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e o consorcio Parque de las Ciencias para o desenvolvemento de actuacións de interese común en materia de cultura científica e de divulgación científica e tecnolóxica

5.11.2019

Sen custo

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Diocese de Mondoñedo-Ferrol para a realización de actuacións conmemorativas do 800 aniversario do inicio do pontificado de Martín I e o retorno da capital da diocese a Mondoñedo

7.11.2019

35.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Fundación para el Fomento del Conocimiento de la Construcción Naval y de las Actividades Marítimas-EXPONAV, para actuacións de apoio á museoloxía

8.11.2019

75.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e a Universitat d’Alacant (España) para a docencia, a investigación e a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas

13.11.2019

58.462,48 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Universidade de Vigo para a realización de prácticas académicas externas polo alumnado da facultades de Historia e de Belas Artes da Universidade de Vigo en centros dependentes ou xestionados pola Consellería de Cultura e Turismo

29.11.2019

Sen custo

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e a Diocese de Santiago de Compostela para a posta á disposición dos terreos e inmobles necesarios para a execución da actuación de conservación e restauración dos inmobles eclesiásticos incluídos no anexo de intervencións vinculadas ao convenio

10.12.2019

Sen custo

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de prácticas académicas externas curriculares ou extracurriculares do alumnado da USC en arquivos e museos da Consellería de Cultura e Turismo

19.12.2019

Sen custo