Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Venres, 31 de xaneiro de 2020 Páx. 6528

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Vigo

EDICTO (164/2018).

Eu, Marta de la Rubia Almuíña, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Vigo, fago saber que:

Anuncio: procedemento ordinario 164/2018.

No presente procedemento, seguido por instancia de Mercedes Benz Financial Services España EFC, S.A., representado polo procurador Francisco Javier Toucedo Rey fronte a Concepción Quintana Delgado e Roberto Novoa López, se ditou sentenza nº 183/2019, cuxa resolución é do teor literal seguinte:

«Que estimando integramente a demanda presentada pola representación procesual de Mercedes Benz Financial Services España, EFC, S.A. fronte a Concepción Quintana Delgado e Roberto Novoa López (…), se ditou sentenza, a cal non é firme e contra ela cabe recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección 6ª), que se deberá interpor directamente neste xulgado no prazo de 20 días desde a súa notificación, logo de acreditación do depósito da cantidade de 50 euros na conta de depósitos e consignacións deste mesmo xulgado, domiciliada na entidade Santander».

O orixinal consta neste xulgado para coñecemento da demandada.

E, como consecuencia do ignorado paradoiro de Roberto Novoa López e para que lle sirva de notificación en legal forma, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 5 de novembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza