Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Venres, 31 de xaneiro de 2020 Páx. 6526

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial da Coruña (Sección 6ª Civil e Penal de Santiago de Compostela)

EDICTO de notificación de sentenza (196/2019).

Eu, Ana Mª López Gómez, letrada da Administración de xustiza na Audiencia Provincial da Coruña, Sección 6ª, fago saber que neste tribunal se segue a peza de recurso de apelación (LACN) nº 271/2019, por instancia de Mónica Sánchez Villar fronte a Douglas Fernando Ferreira Machado, en que se ditou a Sentenza nº 196/2019, con data do 22.10.2019, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Maxistrados:

Ángel Pantín Reigada

José Gómez Rey

Jorge Cid Carballo

Sentenza núm. 196/2019.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2019.

Visto en grao de apelación ante esta Sección 6ª da Audiencia Provincial da Coruña os autos de divorcio contencioso 169/2016, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela, aos cales correspondeu a peza recurso de apelación (LACN) 271/2019, en que aparece como parte apelante, Mónica Sánchez Villar, representada pola procuradora dos tribunais, Ana María Fernández Durán, asistida pola avogada Aida María Suárez Chorén, e como parte demandada en situación procesual de rebeldía, Douglas Fernando Ferreira Machado; foi maxistrado relator Ángel Pantín Reigada, quen expresa o parecer da sala nos seguintes antecedentes de feito, fundamentos de dereito e resolución.

Resolvemos:

Que, desestimando o recurso de apelación interposto pola representación de Mónica Sánchez Villar, se confirma a Sentenza do 23.5.2018, do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela, ditada no xuízo de divorcio nº 169/2016, sen facer imposición das custas da segunda instancia.

Notifíquese esta resolución, en legal forma, ás partes e fágaselles saber, conforme preceptúa o artigo 248.4 da Lei orgánica do poder xudicial, que contra ela cabe recurso de casación por interese casacional, que deberá ser interposto ante esta sección no prazo de 20 días desde a notificación da sentenza.

Dentro do prazo legal, devólvanse as actuacións orixinais con testemuño da presente resolución ao xulgado de procedencia, para a súa execución e cumprimento».

Así, por esta nosa resolución, da cal se porá certificación literal na peza da Sala correspondente, incluíndose o orixinal no libro correspondente, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E ao estar o demandado Douglas Fernando Ferreira Machado en ignorado paradoiro, expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma.

A letrada da Administración de xustiza