Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Venres, 31 de xaneiro de 2020 Páx. 6529

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 439/2017).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 439/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carina Souto Couceiro contra a empresa Tu Perfume Favorito, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, se ditou a sentenza cuxa resolución é a seguinte:

Resolvo que, estimando a demanda interposta por Carina Souto Couceiro contra a empresa Tu Perfume Favorito, S.L., se condena a demandada a aboarlle á demandante a cantidade de mil seiscentos setenta e dous euros e seis céntimos (1.672, 06 €) incrementada co xuro por mora do 10 %.

Así mesmo, absolvo o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágase constar que contra esta resolución non cabe recurso de suplicación (191.2g da Lei reguladora da xurisdición social-LXS).

Así o pronuncio, mando e asino por esta sentenza.

Para que sirva de notificación en legal forma a Tu Perfume Favorito, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 14 de xaneiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza