Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Luns, 27 de xaneiro de 2020 Páx. 5016

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (SAN 1102/2015).

Eu, Paloma Recalde Álvarez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de sancións 1102/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Esther Silva Gómez contra a empresa Suma Servicios Hostelería, S.L., sobre sancións, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

«Na cidade da Coruña o 2 de xaneiro de 2020.

Lara Munín Sánchez, xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña, vistos estes autos sobre sanción por instancia de María Esther Silva Gómez, que comparece representada pola letrada Sra. Vázquez Méndez, contra a empresa Suma Servicios Hostelería, S.L., que non comparece, ditou a seguinte

Sentenza

Antecedentes de feito:

Primeiro. A parte demandante, María Esther Silva Gómez, presentou con data do 24 de novembro de 2015 demanda que por quenda correspondeu ao Xulgado do Social número 2 da Coruña, na cal, tras expor os feitos e alegar os fundamentos de dereito que considerou pertinentes, acababa suplicando que se ditase sentenza conforme o pedido.

Segundo. Unha vez admitida a trámite a dita demanda, sinalouse para a realización do acto de xuízo o día 11 de decembro de 2019 e este tivo lugar na data sinalada en todas as súas fases co resultado que consta na correspondente gravación audiovisual. Unha vez rematado o acto do xuízo, quedaron os autos vistos para ditar sentenza.

Terceiro. Na tramitación dos presentes autos observáronse as normas legais de procedemento.

Resolvo que, estimando a demanda interposta por María Esther Silva Gómez contra a empresa Suma Servicios Hostelería, S.L., revogo totalmente as dúas sancións impostas á demandante mediante a carta do día 13 de outubro de 2015 e condeno a demandada a se ater a esta declaración e a aboar os salarios que se deixasen de aboar en cumprimento da sanción.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles constar que é firme.

Así o pronuncio, mando e asino por esta sentenza».

Para que sirva de notificación en legal forma a Suma Servicios Hostelería, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 3 de xaneiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza