Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Luns, 27 de xaneiro de 2020 Páx. 5018

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO de notificación de dilixencia, auto e decreto (ETX 120/2019).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 120/2019 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Silvia Pazos Rosales contra a empresa Dos Universa del Libro y Menaje, S.L., Universa Valladolid, S.L., sobre ordinario, foi ditada con data 15.10.2019 dilixencia de ordenación, auto despachando execución e decreto impugnables en reposición no prazo de tres días, que se atopan ao seu dispor na sede do xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Universa Valladolid, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 7 de xaneiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza