Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Luns, 27 de xaneiro de 2020 Páx. 5019

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO de notificación de decreto (ETX 136/2019).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 136/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francisco José Vidal Blanco contra a empresa Construccciones y Demoliciones Sanmartín, S.L.U., sobre ordinario, foi ditado decreto de insolvencia no día da data impugnable en revisión no prazo de tres días, que se atopa ao seu dispor na sede do xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones y Demoliciones Sanmartín, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 7 de xaneiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza