Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Luns, 27 de xaneiro de 2020 Páx. 5013

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Vigo

EDICTO (363/2017).

Pilar Sández González, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Vigo, dou fe de que no xuízo ordinario número 363/2017 seguido neste xulgado se ditou sentenza o 8.10.2019, cuxo encabezamento e ditame son do teor literal seguinte:

«Sentenza

En Vigo o 8 de outubro de 2019.

Vistos por min, Mª Belén Martínez Pato, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Vigo, os autos de xuízo ordinario número 363/2017 promovido por Ernesto Freire Somorrostro, representado pola procuradora dos tribunais Mª Jesús Toucedo Guisande e asistido polo letrado Luis Freire Sáenz, contra Marcos Ferradas González, representado polo procurador dos tribunais José Antonio Fandiño Carnero e asistido polo letrado José Daniel Cuadrado Ramos, e contra a Comunidade Hereditaria de Dolores González Valverde, en situación procesual de rebeldía, autos dos cales resultan os seguintes

Decido que debo estimar e estimo parcialmente a demanda presentada por Ernesto Freire Somorrostro, representado pola procuradora dos tribunais Mª Jesús Toucedo Guisande, contra Marcos Ferradas González, representado polo procurador dos tribunais José Antonio Fandiño Carnero, e contra a Comunidade Hereditaria de Dolores González Valverde, en rebeldía procesual, e, en consecuencia, condeno os citados demandados a aboar conxunta e solidariamente ao demandante a cantidade de nove mil cento corenta euros con oitenta céntimos (9.140,80 euros), máis os xuros legais en concepto de danos e perdas, desestimando o resto de pedimentos da demanda.

Non se efectúa expresa imposición de custas.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Esta resolución non é firme e fronte a ela cabe interpoñer no prazo de vinte días recurso de apelación ante este xulgado do que coñecerá, se é o caso, a Audiencia Provincial de Pontevedra.

Así por esta miña sentenza, xulgando definitivamente nesta instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo. Asinada e publicada».

E despois de ser dada e lida na súa data e encontrándose en paradoiro descoñecido os demandados integrantes da Comunidade Hereditaria de Dolores González Valverde: María Dolores Pujales Martínez, Carlos Pujales Martínez, Nicandro Pujales Martínez e Julio Pujales Martínez, expido e asino o presente para que sirva de notificación os referidos demandados.

Vigo, 11 de novembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza