Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Luns, 27 de xaneiro de 2020 Páx. 5011

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3369-2019 CAS 301/2019-RMR).

Secretaria: Sra. Freire Corzo-RMR

Tipo e número de recurso: RSU. Recurso de suplicación 3369/2019

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 1143/2014. Xulgado do Social número 4 da Coruña

Recorrentes: María Jesús Fisteos Fuentes, Sergio Platas Fisteos, María Platas Fisteos

Avogada: María Teresa Pardiñas Ousinde

Recorridos: Fogasa, Prointec, S.A., Groupama Plus Ultra Seguros y Reaseguros, S.A., Construcciones Dabalpo, S.L.U., Musaat Mutua de Seguros a Prima Fija, HDI Hannover International Seguros y Reaseguros, S.A., Mapfre Empresas, Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A., Copcisa, Mapfre Global Risks, Alejandra Pérez Fernández, Juan Manuel Garabal Carrillo, Montserrat González Losada, UTE Lavacolla

Avogados: letrado/a de Fogasa, Ismael Valera Bonet, Luis Abelardo Souto Maqueda, José Antonio Pérez Fernández, José López Fernández, Ismael Valera Bonet, Julio López Taboada, Mónica González Losada, Julio López Taboada, Antonio Manuel Platas Casteleiro, María Carmen Pazos Varela

Procuradores: Beatriz Dorrego Alonso, Julio Javier López Valcárcel, Jorge Bejerano Pérez, Julio Javier López Valcárcel, Domingo Rodríguez Siaba

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3369/2019, seguido por instancia de María Jesús Fisteos Fuentes e outros contra Prointec, S.A., Groupama, S.A., Groupama Plus Ultra Seguros y Reaseguros, S.A. e outros, sobre outros dereitos de seguridade social, se ditou a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación da letrada da Administración de xustiza María Isabel Freire Corzo.

Na Coruña o 3 de xaneiro de 2020.

O anterior escrito presentado pola letrada María Teresa Pardiñas Ousinde, en nome e representación de María Jesús Fisteos Fuentes, Sergio Platas Fisteos e María Platas Fisteos, únese ao recurso da súa razón. Considérase preparado o recurso de casación para unificación de doutrina, concédeselle á parte recorrente o prazo de quince días para interpor o recurso ante esta sala e fáiselle saber que os autos están ao seu dispor na oficina xudicial para a súa entrega ou exame se o considera necesario.

Requírase a recorrente para que achegue, no momento de interpor o recurso, certificación das sentenzas que invoca, con expresión da súa firmeza.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que contra esta resolución non cabe ningún recurso, sen prexuízo de que a parte contra a cal se recorreu se poida opor á admisión do recurso ao comparecer ante o Tribunal Supremo».

Para que sirva de notificación en legal forma a UTE Lavacolla, actualmente en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 3 de xaneiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza