Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Luns, 27 de xaneiro de 2020 Páx. 5043

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 8 de xaneiro de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, sobre o inicio do procedemento de deslindamento con predios particulares da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Cabreira, do concello de Salvaterra de Miño.

Unha vez emitido informe favorable á proposta de deslindamento cos predios pertencentes a Manuel Vidal Pazos, presentada pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Cabreira, concello de Salvaterra de Miño, e de acordo co disposto no artigo 54.1 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, sobre o procedemento de deslindamento de montes veciñais con propiedades particulares, acórdase sinalar para a exposición do plano e demais documentación do monte a Asociación Veciñal Xerme, barrio do Río s/n, Cabreira, Salvaterra de Miño.

Ábrese un prazo dun mes a partir do día seguinte ao desta publicación para que os que se conceptúen con dereito á propiedade do monte ou de parte del e os estremeiros que desexen comparecer, poidan presentar alegacións e os títulos que acrediten a propiedade.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Pontevedra, 8 de xaneiro de 2020

Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra