Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Luns, 27 de xaneiro de 2020 Páx. 5044

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 9 de xaneiro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se cita, para ser notificado por comparecencia, un propietario afectado por unha proposta de resolución para a corrección dun erro na concentración parcelaria da zona de Vizoño-Vilacova II (Abegondo-A Coruña).

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícase por medio do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), ao interesado que figura no anexo, dun trámite de audiencia relativo a unha proposta de resolución para a corrección dun erro na zona de concentración parcelaria de Vizoño-Vilacova II (Abegondo-A Coruña).

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, no Edificio Administrativo de Servizos Múltiples de Monelos, na Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de quince (15) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 9 de xaneiro de 2020

Mónica López López
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Interesado

Acto que se notifica

Zona de concentración parcelaria

32421334M

Trámite de audiencia

Vizoño-Vilacova II (Abegondo-A Coruña).