Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Xoves, 23 de xaneiro de 2020 Páx. 3995

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3552/2019-RMR).

Secretaria: Sra. Freire Corzo-RMR

Tipo e número de recurso: RSU. Recurso de suplicación 3552/2019

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 494/2017. Xulgado do Social número 4 de Vigo

Recorrente: Ángel Martínez Pereira

Avogada: María Jesús Álvarez Orth

Procurador: Rafael Francisco Pérez Lizarriturri

Recorridos: representante legal de Yolanda Barreiro Lorenzo, en representación de Lamanor, S.L., Grupo Zentia de Inversiones, S.L., Maderas Puzo, S.L., Oniriom Sistemas de Descanso, S.L., Lamas Largueros y Tableros Lamalit, S.L., Yolanda Carolina Barreiro Lorenzo.

Avogados: María Núñez González, Francisco Javier Pérez Martínez, Carlos Núñez González

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3552/2019 desta sección, seguido por instancia de Ángel Martínez Pereira contra Yolanda Barreiro Lorenzo, en representación de Lamanor, S.L., Grupo Zentia de Inversiones, S.L., Maderas Puzo, S.L., Oniriom Sistemas de Descanso, S.L. e outros, sobre outros dereitos de seguridade social, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvemos que estimamos en parte o recurso de suplicación interposto pola representación procesual de Ángel Martínez Pereira contra a Sentenza ditada polo Xulgado do Social número 4 de Vigo, do 21 de marzo de 2019, en preito sobre indemnización de danos e perdas, promovido polo recorrente contra as entidades demandadas, e revogamos en parte a sentenza impugnada, condenando a unha indemnización total de 61.000 euros máis os xuros moratorios desde o día 23 de marzo de 2017, e condena solidaria, ademais, da entidade Zentia de Inversiones, S.L.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes ao da data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto), co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez que sexa firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza».

Para que lles sirva de notificación a Lamas Largueros y Tableros Lamalit, S.L. e Oniriom Sistemas de Descanso, S.L., actualmente en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselles ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 18 de decembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza