Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 442/2017 por instancia de Salomé Orge Peón contra a empresa Servihost Duplex, S.L. e contra o Fondo de Garantía Salarial, sobre reclamación de cantidade, nos cales se ditou sentencia en data 10 de decembro de 2019, que copiada nos particulares necesarios di así:
«Decisión estímase a demanda formulada por Salomé Orge Peón fronte á empresa Servihost Duplex, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:
– Condénase a empresa Servihost Duplex, S.L. a aboarlle a Salomé Orge Peón a cantidade de dous mil catrocentos vinte e sete euros con tres céntimos de euro (2.427,03 euros), e os conceptos salariais devindicarán o xuro moratorio do 10 %.
Notifíqueselles a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.
A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, se é o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e deberase anunciar este neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución; abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.
Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.
Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».
E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Servihost Duplex, S.L., expido e asino o presente.
A Coruña, 2 de xaneiro de 2020
A letrada da Administración de xustiza