Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 448/2017 por instancia de Monserrat Barreiro Díaz contra a empresa Reyes y Gago, S.L. e contra o Fondo de Garantía Salarial, sobre reclamación de cantidade, nos cales se ditou sentenza en data 11 de decembro de 2019, que copiada nos particulares necesarios di así:
«Decisión
Estímase parcialmente a demanda formulada por Monserrat Barreiro Díaz fronte á empresa Reyes y Gago, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:
– Condénase a empresa Reyes y Gago, S.L. a aboarlle a Monserrat Barreiro Díaz a cantidade de dous mil sesenta e seis euros con sesenta e dous céntimos de euro (2.066,62 euros); os conceptos salariais devindicarán o xuro moratorio do 10 %.
Notifíqueselles a presente resolución ás partes.
Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución; abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.
Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.
Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».
E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Reyes y Gago, S.L., expido e asino a presente.
A Coruña, 2 de xaneiro de 2020
A letrada da Administración de xustiza