Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Mércores, 22 de xaneiro de 2020 Páx. 3660

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (450/2017).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen os autos número 450/2017 por instancia de Estela Pampillo Palacios contra a empresa Cafeína, S.L. e contra o Fondo de Garantía Salarial, sobre reclamación de cantidade, nos cales se ditou a Sentenza do 10 de decembro de 2019 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolvo:

Estímase a demanda formulada por Estela Pampillo Palacios contra a empresa Cafeína, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial, e en consecuencia:

– Condénase a empresa Cafeína, S.L. a aboarlle a Estela Pampillo Palacios a cantidade de cinco mil seiscentos sesenta e tres euros con dezanove céntimos de euro (5.663,19 euros), devindicando os conceptos salariais o xuro moratorio do 10 %.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Cafeína, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 2 de xaneiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza