Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Luns, 20 de xaneiro de 2020 Páx. 2600

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Cangas

EDICTO (89/2017).

Eu, José Luis Campos Ramos, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Cangas, fago saber que en virtude do acordado nos autos de referencia, e de conformidade co disposto nos artigos 156.4 e 164 da LAC, mediante este notifícase a María de la Consolación Carballo Chapela a Sentenza do 9.10.2019, cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza

Xuíza que a dita: Platas Seoane.

Lugar: Cangas.

Data: nove de outubro de dous mil dezanove.

Demandante: Santiago Carballo Chapela.

Avogado: Felipe Damián García Sendón.

Procuradora: María Jesús Toucedo Guisande.

Demandados: Rocío Carballo Chapela, Rebeca Carballo Chapela, María de la Consolación Carballo Chapela, Montserrat Carballo Chapela.

Avogada: Amparo Moreno Iñarrea.

Procuradora: Raquel Barreiro Viás.

Procedemento ordinario 89/2017.

Vistos por min, Sonia Platas Seoane, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 desta cidade e o seu partido xudicial, os autos de xuízo ordinario número 89/2017 promovidos por Santiago Carballo Chapela, representado pola procuradora dos tribunais, Mª Jesús Toucedo Guisande e asistido polo letrado Felipe García Sendón, contra Consolación e Rocío Carballo Chapela, declaradas en situación de rebeldía procesual, así como contra Montserrat Carballo Chapela, representada polo procurador dos tribunais Raquel Barreiro Viñas e asistida pola letrada Inmaculada Marín Olmos, e contra Rebeca Carballo Chapela, representada pola procuradora dos tribunais Raquel Barreiro Viñas e asistida pola letrada Amparo Moreno Iñarrea, autos dos que resultan os seguintes,

Decido que debo estimar e estimo integramente a demanda presentada por Santiago Carballo Chapela, representado pola procuradora dos tribunais Mª Jesús Toucedo Guisande, contra Consolación e Rocío Carballo Chapela, declaradas en situación de rebeldía procesual, así como contra Montserrat Carballo Chapela, representada pola procuradora dos tribunais Raquel Barreiro Viñas, e contra Rebeca Carballo Chapela, representada pola procuradora dos tribunais Raquel Barreiro Viñas, e, en consecuencia, declárase:

1. A nulidade do nomeamento de titora outorgado polo causante o 23 de xaneiro de 2014 ante o notario de Ponteareas Álvaro Lorenzo-Fariña Domínguez.

2. A nulidade de todas as actuacións patrimoniais realizadas desde tal data pola titora con reembolso de cantidades se iso proceder.

3. O testamento outorgado polo causante o 23 de xaneiro de 2014 ante o notario de Ponteareas Álvaro Lorenzo-Fariña Domínguez.

4. As adxudicacións e actuacións derivadas de tal testamento realizadas polos herdeiros con reembolso de cantidades se iso proceder. Condeno as demandadas a avirse á devandita declaración e a reverter os bens ao momento anterior ao da declaración hereditaria, e todo iso con expresa imposición de custas ás demandadas.

Así, por esta miña sentenza, a que pronuncio, mando e asino, que debe ser notificada ás partes, informando que contra ela cabe interpoñer recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, no prazo de vinte días desde o seguinte ao da súa notificación.

E encontrándose as devanditas demandadas, Consolación e Rocío Carballo Chapela, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a estas.

Cangas, 10 de outubro de 2019

O letrado da Administración de xustiza