Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Luns, 20 de xaneiro de 2020 Páx. 2598

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Cambados

EDICTO (PO 515/2016).

Eu, Julio Manuel González Muñoz, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Cambados, por este edicto,

Anuncio:

Neste procedemento ordinario 515/2016, seguido por instancia de Caixabank, S.A. contra Nuria Leiro Señoráns, ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza 158/2017

Xuíz que a dita: Laura Fernández Carballo

Lugar: Cambados

Data: 19 de decembro de 2017

Demandante: Caixabank, S.A.

Avogado: José Antonio Cobas Brey

Procuradora: Sofía Doldán Cáceres

Demandada: Nuria Leiro Señoráns

Procedemento: procedemento ordinario 515/2016

Vistos por Laura Fernández Carballo, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Cambados, estes autos de xuízo ordinario, rexistrados co número 515/2016, seguidos por instancia da entidade financeira Caixabank, S.A., representada pola procuradora Sofía Doldán Cáceres e asistida do letrado José Antonio Cobas Brey, contra Nuria Leiro Señoráns, en situación procesual de rebeldía, sobre reclamación de cantidade,

Resolvo:

Estímase parcialmente a demanda presentada pola procuradora dos tribunais Sofía Doldán Cáceres, en nome e representación da entidade financeira Caixabank, S.A., contra Nuria Leiro Señoráns e, en consecuencia, declárase o vencemento anticipado da total obriga de pagamento do contrato de préstamo hipotecario subscrito mediante escritura do 11 de abril de 2006 e condénase a demandada a aboar á demandante a cantidade de cento vinte e catro mil seiscentos sesenta e un euros con oitenta céntimos de euro (124.661,80 euros) cos xuros de demora do artigo 576 da Lei de axuizamento civil. Todo isto sen expresa imposición das custas deste procedemento a ningún dos litigantes.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e advírtaselles que non é firme e que contra ela poden interpor recurso de apelación, ante este mesmo xulgado, dentro dos vinte días seguintes ao da súa notificación, para a súa ulterior resolución pola Audiencia Provincial de Pontevedra.

Así o acorda, manda e asina Laura Fernández Carballo, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Cambados».

Ao estar a dita demandada, Nuria Leiro Señoráns, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Cambados, 6 de novembro de 2019

O letrado da Administración de xustiza