Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Luns, 20 de xaneiro de 2020 Páx. 2596

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña

EDICTO (318/2017-E).

Xuízo verbal 318/2017-E

Sobre verbal tráfico

Demandante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Procuradora: Elena Medina Cuadros

Avogada: Amelia Cuadros Espinosa

Demandado: Iván Peirallo Riveiro

Dilixencia de ordenación

Letrada da Administración de xustiza: Mónica Rubia López

Na Coruña o sete de febreiro de dous mil dezanove.

Despois de ditarse sentenza no presente procedemento, e encontrándose o demandado Iván Peirallo Riveiro en situación de rebeldía procesual, acordo notificarlle a sentenza mediante edicto que se fixará no boletín oficial da Comunidade Autónoma (Diario Oficial de Galicia) e se entregará á demandante para que se encargue do seu dilixenciamento.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe interpoñer recurso de reposición no prazo de cinco días, desde o día seguinte ao da súa notificación, ante o letrado da Administración de xustiza que a dita. Debe expresar neste a infracción en que a resolución tivese incorrido a xuízo do recorrente (artigos 451 e 452 da LAC).

Así o acordo e asino. Dou fe.

A letrada da Administración de xustiza

Edicto

Mónica Rubia López, letrada da Administración de xustiza do Xulgado e Primeira Instancia número 13 da Coruña, polo presente anuncio:

No presente procedemento de xuízo verbal 318/2017-E seguido por instancia de Unión Fenosa Distribución, S.A. fronte a Iván Peirallo Riveiro ditouse sentenza o 31.5.2018 contra a que non cabe interpoñer recurso.

E, encontrándose o devandito demandado en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación a este, facéndolle saber ao interesado que poderá dirixirse a esta oficina en que se tramita o procedemento co fin de ter coñecemento íntegro do acto.

A Coruña, 7 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza