Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Mércores, 15 de xaneiro de 2020 Páx. 1917

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 189/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 189/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Hugo Cepeda Varela contra a empresa Proman Servicios Generales, S.L., Fogasa e María Begoña de Lucas Arenales, sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Que estimando integramente a demanda interposta por Hugo Cepeda Varela contra Proman Servicios Generales, S.L. e contra María Begoña Lucas Arenales como administradora concursal de Proman Servicios Generales, S.L., debo condenar e condeno a mercantil demandada a aboar ao demandante a suma de 1.427,51 euros brutos polos conceptos indicados no feito probado cuarto desta resolución, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET desde a presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución, e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución, sobre os conceptos salariais, que comportan 1.290,55 euros, e o xuro do artigo 1101 do Código civil desde a presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución sobre os conceptos indemnizatorios, que comportan 130,96 euros; e debo condenar e condeno a María Begoña Lucas Arenales na súa única condición de administradora concursal de Proman Servicios Generales, S.L. a se ater a tal declaración e condena.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, non procede a súa condena nesta instancia; deberase observar o que resulte da aplicación do artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes e ao Fogasa a presente resolución e fágaselles saber que fronte a ela non cabe recurso.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Proman Servicios Generales, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza