Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Mércores, 15 de xaneiro de 2020 Páx. 1915

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo

EDICTO (445/2018).

Eu, Ángel Gómez Santos, na miña calidade de secretario do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, dou fe e testemuño de que no xuízo verbal núm. 445/2018 se ditou a presente sentenza, cuxo encabezamento e parte dispositiva son como segue:

Sentenza nº 208.

Vigo, 28 de outubro de 2019.

Vistos por min, Manuel Ángel Pereira Costas, maxistrado do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, os presentes autos de xuízo verbal que co número 445/2019 se seguen por instancia de Olaia Güénaga Vaqueiro, en cuxa representación actúa Estíbaliz Güénaga Coyonga, representada pola procuradora María Jesús Toucedo Guisande e dirixida polo letrado Felipe Damián García Sendón, contra Iván Vázquez Francisco, declarado en situación de rebeldía procesual, os cales teñen por obxecto unha pretensión de cumprimento contractual.

Resolución:

Estimo totalmente a demanda formulada por Olaia Güénaga Vaqueiro contra Iván Vázquez Francisco e, en consecuencia, fago os seguintes pronunciamentos:

1º. Condeno a Iván Vázquez Francisco a aboarlle a Olaia Güénaga Vaqueiro a cantidade de 700 euros, correspondente ás mensualidades que a razón de 100 euros se comprometera aquel a aboar desde o mes de decembro de 2017, e que se atopaban xa vencidas na data da presentación da demanda (1 de xuño de 2018). Condénoo tamén a aboar as mensualidades cuxo vencemento se producise ou se produciría con posterioridade, ata completar o total importe debido (3.511,87 euros), consonte os aprazamentos estipulados no recoñecemento de débeda asinado polo demandado o 22 de novembro de 2017. Os importes xa vencidos na data da presente sentenza reportarán, desde a súa data, o xuro legal do diñeiro incrementado en dous puntos.

2º. Condeno a Iván Vázquez Francisco a aboar as custas procesuais.

Notifíquese esta sentenza ás partes, ás que se lle fará saber que non é firme e que contra ela poderán interpoñer recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra no prazo de vinte días.

Así o acordo, mando e asino.

E para que así conste e sirva de notificación de sentenza para Iván Vázquez Francisco, actualmente en paradoiro descoñecido, así como para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido o presente edicto.

Vigo, 4 de novembro de 2019