Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Mércores, 15 de xaneiro de 2020 Páx. 1913

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 2489/2019-MDM).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 2489/2019

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 423/2014 Xulgado do Social número 4 da Coruña

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2489/2019 desta sección, seguido por instancia de Trisquel Protección e Vixilancia, S.A. e Ilunión Seguridad, S.A.U. contra Fogasa, Protección de Patrimonios, S.A., Alcor Seguridad, S.L., Segur Euskal Security, S.L. e Juan José Pita Barro, sobre outros dereitos laborais, se ditou resolución, con data 16 de decembro de 2019, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Que non procede a aclaración da sentenza ditada por este tribunal, con data do 5 de decembro de 2019, cuxo contido se mantén na súa integridade.

Notifíquese ás partes advertíndoas de que contra esta resolución non cabe ningún recurso. Malia o dito no parágrafo anterior, en canto debe entenderse que este auto se integra na resolución que aclara, corrixe, emenda ou complementa, o prazo para interpoñer o recurso que caiba contra a dita resolución restablécese a partir do momento en que as partes sexan notificadas deste auto. Se algunha das partes interesadas nestas actuacións tiver xa presentado, preparado ou anunciado o pertinente recurso contra a resolución aclarada, corrixida, emendada ou complementada, a súa actuación considérase válida para todos os efectos, sen prexuízo de que, á vista deste auto, poida completala no prazo que con el se abre.

Así, por este noso auto, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Segur Euskal Security, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 18 de decembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza