Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Martes, 14 de xaneiro de 2020 Páx. 1769

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 324/2016).

Eu, Paloma Recalde Álvarez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 324/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Alejandro López González contra a empresa Compañía de Protección y Vigilancia Galicia, S.A., sobre ordinario, se ditou sentenza cuxa resolución se xunta:

«Resolución.

Que estimando a demanda interposta por Alejandro López González contra a empresa Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., condénoa a que lle aboe a cantidade de dous mil catrocentos oitenta e oito euros con vinte e sete céntimos (2.488,27 euros), incrementada co xuro por mora do 10 %.

Así mesmo, absolvo o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que é firme.

Así, por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 17 de decembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza