Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Martes, 14 de xaneiro de 2020 Páx. 1767

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 10 de Vigo

EDICTO (477/2018).

Eu, Luis Diego Espino Hernández, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 10 de Vigo, fai saber que no presente procedemento XVB 477/2018, seguido por instancia de Encarnación Alonso Carballido fronte a Alfonso Coello Novas, se ditou sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza:

Maxistrada xuíza que a dita: Ana Araceli Muñoz Martín.

Lugar: Vigo.

Data: 27 de marzo de 2019.

Demandante: Encarnación Alonso Carballido.

Avogado: Felipe Damián García Sendón.

Procuradora: María Jesús Toucedo Guisande.

Demandado: Alfono Coello Novas.

Procedemento: xuízo verbal 477/2018.

Fallo. Estimando integramente a demanda interposta por Encarnación Alonso Carballido fronte a Alfonso Coello Novas, debo condenar e condeno a este a aboar á demandante a suma de 1.922 euros, máis os xuros legais desde a reclamación xudicial, así como ao pagamento das custas.

Modo de impugnación: non cabe interpoñer recurso ningún.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

(segue sinatura da maxistrada xuíza)

Así mesmo, o letrado da Administración de xustiza fai constar que con data 12.12.2019 se ditou auto, rectificando o erro de transcrición cometido na resolución da sentenza que se notifica, relativo ao nome do demandado, onde di: «Alfono», debe dicir: «Alfonso».

E encontrándose o dito demandado Alfonso Coello Novas, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Vigo, 12 de decembro de 2019

O letrado da Administración de xustiza