Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Martes, 14 de xaneiro de 2020 Páx. 1770

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (DSP 803/2019).

Eu, Eva Ortiz Suárez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 803/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Alberto Martín Cova Pérez contra Faster Ibérica Empresa de Trabajo Temporal, S.A., Eurofirms ETT, S.L., Imán Temporing ETT, S.L., Nortempo ETT, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Norte-Sur, S.L., sobre despedimento, se ditou sentenza cuxa resolución di:

«Que debo estimar e estimo a demanda interposta por Alberto Martín Cova Pérez contra a entidade Norte-Sur, S.L., e debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que vinculaba a ambas as dúas desde a data da presente resolución e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Norte-Sur, S.L. ao aboamento dunha indemnización de 16.174,21 euros.

Que debo desestimar e desestimo a demanda interposta por Alberto Martín Cova Pérez contra as entidades Nortempo ETT, S.L., Eurofirms ETT, S.L., Faster Ibérica Empresa de Trabajo Temporal, S.L. e Imán Temporing, S.L., as que debo absolver das peticións formuladas na súa contra.

Que debo estimar e estimo parcialmente a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Alberto Martín Cova Pérez contra a entidade Norte-Sur, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Norte-Sur, S.L. a que aboe ao demandante a cantidade de 1.817,42 euros brutos por salarios correspondentes a xullo e ata o 12 de agosto do ano 2019, ambos os dous incluídos, así como o xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación».

E para que sirva de notificación en legal forma á codemandada Norte-Sur, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 17 de decembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza