Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Luns, 13 de xaneiro de 2020 Páx. 1548

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 243/2019).

ETX execución de títulos xudiciais 243/2019

Procedemento de orixe: procedemento ordinario 651/2018

Sobre ordinario

Demandante: José Manuel Ramos Baltasar

Avogada: Lidia Pilar Coca García

Demandadas: Acende Enerxía, S.L. e Fogasa

Avogado: letrado de Fogasa

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 243/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Ramos Baltasar contra Acende Enerxía, S.L. e Fogasa, se ditaron as seguintes resolucións, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto

Parte dispositiva

Dispoño:

Despachar orde xeral de execución da sentenza nº 459/2019, do 23.9.2019, ditada no procedemento ordinario 651/2018, a favor da parte executante, José Manuel Ramos Baltasar, fronte a Acende Enerxía, S.L. e Fogasa, parte executada, por importe de 4.691,9 euros en concepto de principal (4.303,33 euros en concepto de salarios e vacacións, 358,04 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET sobre os conceptos salariais, que comportan 3.350,90 euros, 30,53 euros en concepto de xuros do artigo 1108 do Código civil sobre os conceptos indemnizatorios, que comportan 952,43 euros), máis outros 469,19 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

O presente auto, xunto co decreto que ditará a letrada da Administración de xustiza, e copia da demanda executiva, serán notificados asemade á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, quedando a executada apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Contra este auto poderá interpoñerse recurso de reposición, ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

O/a xuíz/a

A letrada da Administración de xustiza».

«Decreto

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2019.

Parte dispositiva

Co fin de efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir a executada Acende Enerxía, S.L. co fin de que, no prazo de dez días, aboe a cantidade de 4.691,9 euros en concepto de principal (4.303,33 euros en concepto de salarios e vacacións, 358,04 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET sobre os conceptos salariais, que comportan 3.350,90 euros, 30,53 euros en concepto de xuros do artigo 1108 do Código civil sobre os conceptos indemnizatorios, que comportan 952,43 euros), máis outros 469,19 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as costas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, ingresando o dito importe na conta deste xulgado, aberta no Banco Santander co número IBAN ES55 0049 3569 9200 0500 1274 (nº expediente xudicial 1589 0000 64 0243 19), con apercibimento de que, en caso de non cumprir o requirimento no prazo conferido, se procederá ao embargo dos seus bens para cubrir a dita suma, logo de indagación destes a través da aplicación informática deste xulgado.

– Requirir a Acende Enerxía, S.L. co fin de que, no prazo de dez días, manifeste unha relación de bens e dereitos suficiente para cubrir a contía da execución, con expresión, se é o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non o verificar, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impoñérselle tamén multas coercitivas periódicas.

Modo de impugnación. Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interpoñerse ante o presente órgano xudicial no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS).

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Acende Enerxía, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza