Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Luns, 13 de xaneiro de 2020 Páx. 1546

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (DSP 496/2019).

Eu, Eva Ortiz Suárez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 496/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Roberto Taboada Otero contra Anja 2012, S.L. e Fogasa, sobre despedimento, se ditou sentenza coa parte dispositiva do teor literal que segue:

«Resolución.

Que debo admitir e admito a demanda que en materia de despedimento interpuxo Roberto Taboada Otero contra a entidade Anja 2012, S.L.U. e, en consecuencia, debo declarar e declaro Improcedente o despedimento de que a demandante foi obxecto con efectos do 30 de abril de 2019, e debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que unía as partes, desde a data do despedimento (30 de abril de 2019), ao cesar na súa actividade a anterior entidade, condenando a entidade Anja 2012, S.L.U. ao aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 1.533,37 €.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 € do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social (as ditas cantidades deberán ser aboadas, se é por transferencia bancaria, na conta que este xulgado ten no Banco Santander co nº ES55 0049 3569 92 0005001274, consignando no concepto os seguintes díxitos: 4757000065 e nº de expediente con 6 díxitos (4 para o nº e 2 para o ano) e, se é fisicamente nunha oficina do Banco Santander, na conta nº: 4757000065 e nº de expediente con 6 díxitos (4 para o nº e 2 para o ano), acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, e incorporalos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Anja 2012, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 16 de decembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza