Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Luns, 13 de xaneiro de 2020 Páx. 1545

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (927/2018).

Eu, Pomba Recalde Álvarez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 927/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de David Moreira Salido contra Diseraux, S.L., Diseraux Andalucía, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Que debo desestimar e desestimo a demanda que en materia de cantidade interpuxo David Moreira Salido contra a entidade Diseraux Andalucía, S.L., a que debo absolver das pretensións formuladas na súa contra.

Que debo estimar e estimo parcialmente a demanda que en materia de cantidade interpuxo David Moreira Salido, contra a entidade Diseraux, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Diseraux, S.L. a que aboe o demandante a cantidade de 7.757,61 € brutos en concepto de cantidades salariais que debía ter percibido durante a súa relación laboral, das que se deberían descontar, unha vez liquidadas, os 3.463,55 € líquidos xa aboados, así como 1.860,66 € brutos en concepto de horas extras de sábados e domingos realizadas durante a súa relación laboral, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación».

E para que sirva de notificación en legal forma a Diseraux, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 12 de decembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza