Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Venres, 10 de xaneiro de 2020 Páx. 1237

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ourense

EDICTO (560/2018).

Eu, José Lloves Forneiro, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ourense, polo presente anuncio:

No presente procedemento ordinario 560/2018, seguido por instancia de Santander Consumer EFC, S.A., representado polo procurador Sr. Enríquez Naharro, fronte a Saber Mrabet, ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza 31/19

En Ourense o vinte e tres de xaneiro de dous mil dezanove.

Vistos por min, Ana María Gómez Bande, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ourense, os presentes autos de xuízo ordinario seguidos ante este xulgado baixo o número 560 do ano 2018, por instancia do procurador Sr. Enríquez Naharro, en nome de Santander Consumer Establecimiento Financiero de Crédito, S.A., e asistido do letrado Sr. Sanjiao García, contra Saber Mrabet, en situación de rebeldía procesual, constando nas actuacións as súas circunstancias persoais.

Resolvo estimar a demanda interposta polo procurador Sr. Enríquez Naharro, en nome de Santander Consumer Establecimiento Financiero de Crédito, S.A., e asistido do letrado Sr. Sanjiao García, contra Saber Mrabet, en situación de rebeldía procesual, e condeno o demandado a aboar á parte demandante a cantidade debida de 14.199,20 euros de principal máis os xuros moratorios pactados sobre o importe de cada recibo impagado desde o día seguinte ao vencemento de cada un dos recibos impagados ata a data da sentenza máis os xuros do artigo 576 da LAC e as custas.

Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe recurso de apelación».

E encontrándose o devandito demandado, Saber Mrabet, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Ourense, 4 de novembro de 2019

O letrado da Administración de xustiza