Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Venres, 10 de xaneiro de 2020 Páx. 1238

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Carballo

EDICTO (358/2017).

Cédula de notificación

No procedemento de referencia ditouse a sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza

Carballo, 18 de febreiro de 2019.

Vistos por min, Iván Barallobre Sánchez, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Carballo e o seu partido xudicial, os presentes autos do xuízo verbal seguidos co número 358/2017, sobre reclamación de rendas, por instancia da entidade mercantil Cereiro, S.L., representada polo procurador Sr. Chouciño Mourón e defendida polo letrado Sr. Novoa-Cisneros García, contra a entidade Enter, S.C., e os particulares Vanessa Souto de la Fuente e María Elvira Martínez Rial, todos eles en situación procesual de rebeldía, ditouse a seguinte sentenza en nome da súa maxestade o rei.

Decido que, estimando integramente a demanda interposta por instancia da entidade mercantil Cereiro, S.L., representada polo procurador Sr. Chouciño Mourón e defendida polo letrado Sr. Novoa-Cisneros García, contra a entidade Enter, S.C., e os particulares Vanessa Souto de la Fuente e María Elvira Martínez Rial, todos eles en situación procesual de rebeldía, debo condenar e condeno a entidade Enter, S.C. e as particulares Vanessa Souto de la Fuente e María Elvira Martínez Rial a aboar á demandante a cantidade de 5.624,37 euros, máis os xuros do artigo 576 da LAC na forma establecida por aquel precepto.

As custas procesuais impóñense á parte demandada.

Notifíquese esta sentenza ás partes, advertíndolles que esta non é firme, senón que contra ela cabe interpoñer recurso de apelación, o cal se preparará por medio de escrito dirixido a este xulgado no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación. A interposición de recurso contra a anterior resolución exixe a constitución do depósito de 50 euros mediante ingreso en efectivo, en calquera sucursal do Banco Santander, na conta de depósitos e consignacións deste órgano xudicial.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Iván Barallobre Sánchez, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Carballo e o seu partido xudicial».

E encontrándose a entidade demandada, Enter, S.C., en paradoiro descoñecido, expídese a presente co fin de que sirva de notificación en forma a esta.

Carballo, 3 de decembro de 2019

O letrado da Administración de xustiza