Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Xoves, 9 de xaneiro de 2020 Páx. 926

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (492/2019).

Sentencia 492/2019

Vistos por min, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela, os autos de modificación de medidas definitivas número 704/2019 por instancia do procurador Sr. Fernández Pérez, en nome e representación de Óscar Míguez Carollo, asistido do letrado Sr. Pérez Rubín fronte a Noelia López Roa, declarada en rebeldía procesual, con intervención da representante do Ministerio Fiscal ao concorrer menor de idade.

Decido que debo estimar e estimo substancialmente a demanda deducida polo procurador Sr. Fernández Pérez, en nome e representación de Óscar Míguez Carollo, asistido do letrado Sr. Pérez Rubín, fronte a Noelia López Roa, declarada en rebeldía procesual, con intervención da representante do Ministerio Fiscal ao concorrer menor de idade, e fíxanse, en consecuencia, as seguintes medidas definitivas:

1º. A atribución do exclusivo exercicio da patria potestade ao pai da menor María Dolores Míguez López, con suspensión simultánea do exercicio da patria potestade á demandada.

O citado exercicio en exclusiva da patria potestade do demandante sobre a menor tida en común alcanzará calquera cuestión médica, sanitaria, tratamentos psicolóxicos e terapias, cuestións educativas, incluídas excursións e campamentos, saídas de territorio estatal, expedición e renovación do pasaporte e DNI, cambios de domicilio e empadroamento, e demais cuestións análogas.

2º. A suspensión do réxime de visitas acordada na sentenza do 30.4.2012 e de toda comunicación da nai coa filla menor en tanto non acredite cumpridamente acharse capacitada para iso.

3º. O mantemento do resto de medidas acordadas na sentenza do 20.4.2012.

Cada parte pagará as custas causadas pola súa instancia e as comúns por metade.

Notifíquese esta sentenza ás partes, con advertencia de que esta non é firme e contra ela cabe recurso de apelación, nos termos e prazos dos artigos 458 e seguintes da Lei de axuizamento civil, logo de consignación do depósito previsto na disposición adicional décimo quinta da LOPX.

Lévese testemuño desta resolución aos autos da súa razón.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela.

Publicación. Lida e publicada a anterior resolución en audiencia pública polo xuíz que a ditou, no día da data, dou fe.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2019