Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Xoves, 9 de xaneiro de 2020 Páx. 924

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 2803/2019-CAS 271/2019-RMR).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 2803/2019

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 372/2013. Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

Recorrente: Francesc Xavier Barros Canabal

Avogado: Manuel Quintáns López

Procurador: Benjamín Victorino Regueiro Muñoz

Recorridos: Agencia Efe, S.A., Mateo Sancho Cardiel

Avogado/a: avogado do Estado

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2803/2019 seguido por instancia de Francesc Xavier Barros Canabal contra Agencia Efe, S.A., Mateo Sancho Cardiel, sobre outros dereitos laborais, ditouse a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación da letrada da Administración de xustiza María Isabel Freire Corzo

A Coruña, 11 de decembro de 2019.

O anterior escrito presentado polo procurador Benjamín Victorino Reguiero Muñoz e subscrito polo letrado Manuel Quintáns López, en nome e representación de Francesc Xavier Barros Canabal, únese ao recurso da súa razón.

Tense por interposto o recurso de casación para unificación de doutrina. Fórmese peza separada que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta sala e emprácense as demais partes para que comparezan por escrito de letrado, ante a Sala do Social do Tribunal Supremo, dentro do prazo de dez días.

Verificado, remítanse as actuacións ao devandito tribunal.

A parte recorrente enténdese comparecida de dereito coa remisión das actuacións.

Comuníquese ao Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela que a contra a resolución desta sala se recorreu en casación para unificación de doutrina.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que contra a presente resolución non cabe recurso ningún. Segue a sinatura».

E para que sirva de notificación a Mateo Sancho Cardiel, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 11 de decembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza