Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Martes, 31 de decembro de 2019 Páx. 56238

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3369/2019-M).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 3369/2019

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 1143/2014. Xulgado do Social número 4 da Coruña

Recorrentes: María Jesús Fisteos Fuentes, Sergio Platas Fisteos, María Platas Fisteos

Avogada: María Teresa Pardiñas Ousinde

Recorridas: Fogasa, Prointec, S.A., Groupama Plus Ultra Seg. y Reaseg., S.A., Construcciones Dabalpo, S.L.U., Musaat Mutua de Seguros a Prima Fija

Procuradores: Beatriz Dorrego Alonso, Julio Javier López Valcarcel, Jorge Bejerano Pérez, Domingo Rodríguez Siaba

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3369/2019 desta sección, seguido por instancia de María Jesús Fisteos Fuentes, Sergio Platas Fisteos, María Platas Fisteos contra Fogasa, Prointec, S.A., Groupama Plus Ultra Seg. y Reaseg., S.A., Construcciones Dabalpo, S.L.U., Musaat Mutua de Seguros a Prima Fija, HDI Hannover International Seguros y Reaseguros, S.A., Mapfre Empresas, Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A., Copcisa, Mapfre Global Risks, Alejandra Pérez Fernández, Juan Manuel Garabal Carrillo, Montserrat González Losada, UTE Lavacolla, sobre outros dereitos seguridade social, ditouse a seguinte resolución:

«Resolvemos:

Desestimando o recurso de suplicación interposto por María Jesús Fisteos Fuentes, Sergio Platas Fisteos e María Platas Fisteos contra a Sentenza do 4 de marzo de 2019 do Xulgado do Social número 4 da Coruña, ditada en xuízo seguido por instancia dos recorrentes contra Juan Manuel Garabal Carrillo, Montserrat González Losada, Alejandra Pérez Fernández, a entidade mercantil Construcciones Dabalpo, Sociedade Limitada Unipersoal, a Unión Temporal de Empresas Lavacolla, constituída polas entidades mercantís Corvián Corsan, Sociedade Anónima, a entidade mercantil Copcisa, Sociedade Anónima e a entidade mercantil Teconsa, Sociedade Anónima, a entidade Mercantil Prointec, Sociedade Anónima, a compañía de seguros Mussat, Sociedade Anónima, a compañía de seguros Mapfre Global Risk, Sociedade Anónima, a compañía de seguros Groupama, Sociedade Anónima, a compañía de seguros Mapfre España, Sociedade Anónima, e a compañía de seguros HDI Hannover, Sociedade Anónima, despois de ser citado ao acto do xuízo oral o Fondo de Garantía Salarial, a sala confírmaa integramente.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a UTE Lavacolla, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 5 de decembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza