Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Martes, 31 de decembro de 2019 Páx. 56240

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 2377/2019-MRA).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 2377/2019-MRA

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 1006/2016. Xulgado do Social número 4 de Vigo

Recorrente: Alejandro Carlos Fenocchi

Avogada: María del Carmen Calvo Moya

Procuradora: Verónica Lago Domínguez

Recorridos: Fogasa, Galvigo Hostelería, S.L., Hotel Ruta das Termas, S.L., Galipontevedra Hostelería, S.L., representante legal José Luis Freijoso Seijo en representación de Luciana Francisca Braga, representante legal José Luis Freijoso Seijo en representación de Valor Acumulado, S.L., Activos Inmobiliarios Hernán Cortés, S.L.

Avogado/a: letrado/a do Fogasa, Félix José Menor Fernández

Procuradora: Esther Cereijo Ruiz

Eu, Mª Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2377/2019 desta sala, seguido por instancia de Alejandro Carlos Fenocchi contra Fogasa, Galvigo Hostelería, S.L., Hotel Ruta das Termas, S.L., Galipontevedra Hostelería, S.L., representante legal José Luis Freijoso Seijo en representación de Luciana Francisca Brag, representante legal José Luis Freijoso Seijo en representación de Valor Acumulado, S.L., Activos Inmobiliarios Hernán Cortés, S.L., sobre reclamación de cantidade, ditouse a seguinte resolución:

«Que debemos desestimar e desestimamos o recurso de suplicación interposto pola representación letrada de Alejandro Carlos Fenocchi, fronte á sentenza do 12 de decembro de 2018, ditada polo Xulgado do Social número 4 dos de Vigo, en autos 1006/2016, sobre despedimento, que confirmamos integramente.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina, que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG, co fin de que sirva de notificación en legal forma a: Valor Acumulado, S.L., Activos Inmobiliarios Hernán Cortés, S.L. e Hotel Ruta das Termas, S.L., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que sexan auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 9 de decembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza