Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Martes, 31 de decembro de 2019 Páx. 56237

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 23 de decembro de 2019, da Xerencia da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, polo que se corrixen erros do Anuncio do 4 de novembro de 2019 polo que se procede a dar publicidade á resolución da mesma data, pola que se convoca a provisión do posto de xefe/a da Sección de Radioloxía-Área de Imaxe Oncolóxica e Técnicas de Imaxe Funcionais e Moleculares.

Advertido erro no antedito anuncio, publicado no Diario Oficial de Galicia núm. 235, do 11 de decembro de 2019, procede efectuar a seguinte corrección.

Onde di:

«Convócase a provisión do posto de xefe/a da Sección de Radioloxía-Área de Imaxe Oncolóxica e Técnicas de Imaxe Funcionais e Moleculares».

Debe dicir:

«Convócase a provisión do posto de xefe/a da Sección de Radioloxía-Área de Imaxe Oncolóxica e Técnicas de Imaxe Avanzadas».

Ábrese un novo prazo de presentación de solicitudes para participar na presente convocatoria dirixidas á Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, e poderán presentarse no Rexistro Xeral da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, sita no Hospital Clínico, na travesía da Choupana, s/n, 15706 Santiago de Compostela, ou a través de calquera dos procedementos do artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de vinte (20) días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación desta corrección de erros no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2019

Eloína Núñez Masid
Xerente da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza