Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Martes, 24 de decembro de 2019 Páx. 54528

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cervo

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudo de detalle do casco antigo do núcleo de Cervo.

Mediante o Acordo do Pleno do 28 de novembro de 2019, aprobouse definitivamente o estudo de detalle do casco antigo do núcleo de Cervo (Lugo), concello de Cervo, que ten por obxecto completar ou reaxustar as aliñacións e rasantes na rúa da Aldea ao carecer o planeamento vixente do grao de definición requirido para acometer a concesión directa de licenzas. O acordo literal é o seguinte:

«1º. Aprobar definitivamente o estudo de detalle do casco antigo do núcleo de Cervo (Lugo), con rexistro de entrada neste concello número 2019-E-RC-2529, o 10 de xuño de 2019, modificado polo presentado en outubro de 2019, despois de recoller a alegación presentada, e sendo o seu redactor o arquitecto técnico Alfonso Botana Castelo, colexiado nº 2405 do COAG.

2º. Notificarlles este acordo aos interesados e publicalo, no prazo dun mes desde a súa adopción, no Diario Oficial de Galicia, e o texto dos documentos que integran o estudo de detalle, así como o índice de planos no Boletín Oficial da provincia.

3º. Unha vez publicado o acordo no Diario Oficial de Galicia, remitir á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda a documentación exixida polo artigo 88.3 da Lei do solo de Galicia, para os efectos de inscribir o estudo de detalle no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia. Logo de que conste a inscrición no rexistro, publicar a normativa no Boletín Oficial da provincia».

O documento deste estudo de detalle estará á disposición dos interesados na sede electrónica deste concello: http://cervo.sedelectronica.es

Contra este acordo interporase recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Cervo, 2 de decembro de 2019

Alfonso Villares Bermúdez
Alcalde