Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Martes, 24 de decembro de 2019 Páx. 54529

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle para completar e reaxustar rasantes no cruzamento da avenida Lamadosa coa rúa Jerónimo Vázquez Franco na Coruña (expediente 631/2019/177).

A Xunta de Goberno Local, na sesión que tivo lugar o 20 de novembro de 2019, acordou aprobar inicialmente o documento do estudo de detalle para completar e reaxustar rasantes no cruzamento da avenida Lamadosa coa rúa Jerónimo Vázquez Franco, redactado en outubro 2019, promovido por Construcciones Atocha 2007, S.L.

En cumprimento do artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e dos artigos 194.2 e 207 do seu regulamento, o expediente sométese a información pública polo prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da última das publicacións deste anuncio no Diario Oficial de Galicia ou nun dos xornais de maior difusión na provincia, para que as persoas interesadas poidan consultalo e formular, de ser o caso, as alegacións que consideren oportunas.

A consulta da documentación do estudo de detalle pódese realizar no Departamento de Planeamento da Área de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade (praza Indalecio Prieto, 1-3), en horario laboral, de luns a venres, na sede electrónica do Concello, no enderezo electrónico https://www.coruna.gal/urbanismo, na epígrafe Exposición pública de expedientes, ou no Visor estado desarrollo PGOM2013.

A Coruña, 2 de decembro de 2019

A alcaldesa
P.D. (Decreto 3847/2019, do 27.6.2019)
María Hernández García
Directora da Área de Urbanismo