Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Martes, 24 de decembro de 2019 Páx. 54527

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 25 de novembro de 2019, da Subdirección Xeral de Xestión do Dominio Público Hidráulico, polo que se notifica a convocatoria de audiencia no expediente de extinción por causa de caducidade dunha concesión hidráulica AC/94/98.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), notifícase ao titular do NIF B27250711, perteneciente a Hidroeléctrica del Baleo, S.L., a convocatoria de audiencia no expediente de extinción por causa de caducidade dunha concesión de augas no rego Portorrosa, no concello de Aranga.

En cumprimento do artigo 46 da LPAC, o interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15781 en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro dos documentos que conforman o expediente e constancia de tal coñecemento. Durante este mesmo prazo poderá formular as alegacións e probas que considere oportunas.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2019

Roberto Arias Sánchez
Subdirector xeral de Xestión do Dominio Público Hidráulico