Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Martes, 24 de decembro de 2019 Páx. 54509

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 4 de decembro de 2019, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se publica a resolución do recurso de reposición interposto contra a resolución de non clasificación do monte Lamas e Lagúa como veciñal en man común (expediente 16/2017).

Para os efectos previstos no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, na sesión do día 25.11.2019, baixo a presidencia de María Olga Iglesias Fontal e coa asistencia dos vogais Josefina Pereira de la Riera e Miguel Ángel Cela González, e da secretaria Lucía Belver Quiroga, tomou o seguinte acordo:

«Monte de Lamas e Lagúa (expediente 16/2017), pertencente aos veciños dos lugares de Lamas e da Lagúa, no termo municipal de Triacastela. Na reunión do Xurado do 25.6.2019 acordouse, aceptando a proposta do instrutor, non clasificalo como monte veciñal en man común (MVMC) ao considerar que non quedaba suficientemente acreditada no expediente tal condición, por non resultar contradita polos solicitantes a documental e manifestacións presentadas por Eladio Celeiro López e outros durante a tramitación do procedemento.

O 12.8.2019 ten entrada un escrito presentado por Pablo López Aira (un dos solicitantes da clasificación) mediante o que interpón un recurso de reposición contra o devandito acordo, en que manifesta, en resumo:

– Que as parcelas de que se solicitou a clasificación teñen a consideración de montes comunais que pertencen á parroquia desde tempos inmemoriais e son un terreo diferente ás parcelas individuais, de propiedade privada, ás cales poden facer referencia os alegantes durante a tramitación.

– Que o monte abertal é algo residual nesa comunidade e sorprende que os alegantes fagan referencia a este feito cando non manifestaron nada nas reunións previas dos veciños, o que evidencia a mala fe das súas actuacións.

– Que non presentan ningunha documentación en relación coa realidade das proporcións das latas mais que uns documentos privados do século XX, posteriores ao uso inmemorial das parcelas.

– Que o monte de Lamas conta coas notas que o caracterizan, que son: indivisibilidade, inalienabilidade e imprescritibilidade. Estas notas son as que definen e caracterizan o monte veciñal.

– Os documentos a que fan referencia os alegantes refírense a parcelas, nalgún caso estremeiras coas que se pretende clasificar, pero non presentan ningunha documentación que poña en dúbida o carácter de monte veciñal das parcelas.

Dado traslado do recurso ao Servizo de Montes, emítese informe do xefe da Área Técnica de MVMC que conclúe, de xeito resumido, que a documental presentada polos alegantes se fundamenta nunha escritura de redención foral da cal o único que se deduce é que os ferrados a que fai referencia se atopan na parroquia de Lamas, pero non hai referencia ningunha a onde estarían e a mesma falta de coincidencia cos predios propostos para clasificar, resulta do acto conciliatorio presentado.

Tampouco resulta substancial a existencia dunha redención foral para que o monte teña a consideración de veciñal en man común tal e como a propia lei recolle ao dispor que son MVMC os que, con independencia da súa orixe, das súas posibilidades produtivas, do seu aproveitamento actual e da súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa cualidade de grupos sociais e non como entidades administrativas e se veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade sen asignación de cotas polos membros daquelas na súa condición de veciños.

Por outra banda, os recorrentes levan usando o monte de xeito mancomunado, con referencias gráficas precisas e as parcelas están catastradas a nome dos veciños de Lamas e da Lagúa, polo que de acordo co artigo 3.3 do Real decreto lexislativo 1/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do catastro inmobiliario, se presumen certos os seus datos na falta doutra documentación.

Remata considerando xustificado o recurso e probada documentalmente a propiedade veciñal.

Dado traslado do recurso aos alegantes, o 13.11.2019, tivo entrada un escrito asinado por Eladio Celeiro López e outras tres persoas máis, no cal, á vista do recurso presentado, manifestan en resumo:

– Que na única reunión a que foron convocados fixeron as mesmas alegacións que as manifestadas no seu escrito.

– Reiteran que o monte abertal de Lamas foi adquirido coa redención de foros por doce casas que o aproveitaron como propio igual que como aforados, estaba partido en latas, e que as parcelas obxecto de clasificación quedaron pedregosas e de difícil cultivo, para uso común dos copropietarios. As parcelas partidas foron obxecto de vendas e pagamento de lexítimas en herdanzas, co que se adquiriu a parcela e o dereito ao aproveitamento.

– Non presentan ningunha proba e non alegaron en tempo e forma durante o expediente.

– Os montes abertais non son tan residuais na zona como pretende a parte contraria. Estes presentan as características propias da comunidade romana e son susceptibles de prescrición adquisitiva. O seu réxime comunitario é de copropiedade romana.

– En moitos casos a propiedade está documentada, aínda que co paso do tempo vaian perdendo os títulos primitivos, e están os propietarios en condicións de vender, ceder ou transmitir a súa parte.

– Solicitan que se manteña na súa integridade a resolución do Xurado do 25.6.2019.

Examinado o devandito recurso, o Xurado, por maioría e coa abstención da presidenta, pola súa condición de alcaldesa do Concello de Triacastela, acorda estimar o recurso de reposición interposto, de conformidade cos fundamentos que se recollen na correspondente resolución e proceder á clasificación do monte coas seguintes características:

Monte: Lamas e Lagúa.

Pertenza: veciños dos lugares de Lamas e da Lagúa.

Parroquia: Lamas.

Concello: Triacastela.

Superficie: 14,53 hectáreas.

As parcelas obxecto de clasificación e as súas estremas están recollidas na seguinte táboa e pódense localizar no plano que figura no anexo, ao final deste anuncio:

Parcela obxecto de clasificación

Lindeiro

Parcela estremeira

27062A03900355

Norte

27037A10000015

Leste

27037A10100001, 27037A10100026

Sur

27062A03900225, 27062A03900224, 27062A03900222, 27062A03900221, 27062A03900218, 27062A03900217, 27062A03900216, 27062A03900214, 27062A03900213, 27062A03900185, 27062A03900227

Oeste

27062A03909017, 27062A03900252, 27062A03900274

27062A03900354

Norte

27062A03900117, 27062A03900118, 27062A03900120,

27062A03900122, 27062A03900243, 27062A03900244, 27062A03900242

Leste

27062A03900301, 27062A03900302, 27062A03900303, 27062A03900305

Sur

27062A03900162, 27062A03900138, 27062A03900141,

27062A03900137, 27062A03900136, 27062A03909019, 27062A03900130, 27062A03900126, 27062A03900125

Oeste

27062A03900109, 27062A03900112

27062A03900356

Norte

27062A03900170, 27062A03900172, 27062A03900173, 27062A03900174, 27062A03900175, 27062A03900176, 27062A03900177, 27062A03900178, 27062A03900179, 27062A03900180, 27062A03900181, 27062A03900182, 27062A03900169, 27062A03900313, 27062A03900315, 27062A03900198, 27062A03900195, 27062A03900194, 27062A03900193, 27062A03900190, 27062A03900187, 27037A10700013

Leste

27037A10700013, 27062A03900356

Sur

27062A03900356, 27062A03900362

Oeste

27062A03900039, 27062A03900166

27062A03900362

Norte

27062A03900356

Leste

27062A03900356

Sur

27062A03900016, 27062A03900039

Oeste

27062A03900039

Contra esta resolución, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte á súa notificación ou publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa».

Lugo, 4 de decembro de 2019

María Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Lugo

ANEXO

missing image file