Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Martes, 24 de decembro de 2019 Páx. 54507

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 3 de decembro de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se citan, para seren notificados por comparecencia, varios afectados pola revisión gráfica e documental da zona de concentración parcelaria de Covas-Esmelle-Marmancón-Mandiá (Ferrol-A Coruña).

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, publícase por medio do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE) a lista dos interesados para seren notificados por comparecencia da resolución da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, do 28.10.2019, relativa á revisión gráfica e documental do acordo de concentración parcelaria da zona de Covas-Esmelle-Marmancón-Mandiá (Ferrol-A Coruña).

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, no Edificio Administrativo de Servizos Múltiples de Monelos, na Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de quince (15) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 3 de decembro de 2019

Mónica López López
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Interesados

Acto que se notifica

Zona de concentración parcelaria

Ángel Carneiro Manso

Resolución

Covas-Esmelle-Marmancón-Mandiá (Ferrol-A Coruña)

Delia Cupeiro Martínez

Resolución

Covas-Esmelle-Marmancón-Mandiá (Ferrol-A Coruña)

32554603N

Resolución

Covas-Esmelle-Marmancón-Mandiá (Ferrol-A Coruña)

32455504C

Resolución

Covas-Esmelle-Marmancón-Mandiá (Ferrol-A Coruña)

325465952A

Resolución

Covas-Esmelle-Marmancón-Mandiá (Ferrol-A Coruña)

32601929G

Resolución

Covas-Esmelle-Marmancón-Mandiá (Ferrol-A Coruña)