Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Martes, 24 de decembro de 2019 Páx. 54506

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 3 de decembro de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o emprazamento a diversos interesados no procedemento ordinario 7389/2019, interposto ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, contra unha desestimación presunta por silencio administrativo, relativa á concentración parcelaria do Eixo-Marrozos (Santiago-A Coruña).

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, emprázanse, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), os interesados que figuran no anexo da apertura do procedemento ordinario número 7389/2019 que se segue na sección terceira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, interposto contra a desestimación presunta por silencio administrativo ante unha reclamación de propiedade na zona de concentración parcelaria do Eixo-Marrozos (Santiago-A Coruña).

O que se lles notifica en canto interesados no procedemento e emprázanse a fin de que poidan comparecer, se así o consideran oportuno, perante a mencionada sala no prazo de nove (9) días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a súa eficacia quedará supeditada á súa publicación no BOE.

A Coruña, 3 de decembro de 2019

Mónica López López
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Interesados

Acto que se notifica

Zona de concentración parcelaria

Herdeiros de Luciano Nieves Sandá

Emprazamento

O Eixo-Marrozos (Santiago-A Coruña)

Herdeiros de Alicia Nieves Sandá

Emprazamento

O Eixo-Marrozos (Santiago-A Coruña)

Herdeiros de Celia Tejo Castro

Emprazamento

O Eixo-Marrozos (Santiago-A Coruña)