Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Xoves, 19 de decembro de 2019 Páx. 53837

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Padrón

EDICTO de notificación de sentenza (297/2018).

JVB xuízo verbal 297/2018

Procedemento orixe: /

Sobre reclamación de cantidade

Demandante: Mafecco, S.A.

Procurador: Sr. Ricardo García-Piccoli Atanes

Demandada: Paynaf Textil y Moda, S.L.

Eu, Fátima García Castro, letrada da Administración de xustiza, do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Padrón, fago saber que foi ditada Sentenza no 18 de novembro de 2019 por María Fe López Juiz, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Padrón, nos autos de xuízo verbal número 297/2018, promovidos por Manufacturadas Femininas Coruñesas de Confección, S.A. (Mafecco, S.A.) representado/a polo procurador dos tribunais Ricardo García Piccoli Atanes, e asistido do letrado Francisco A. Rodríguez-Gigirey, contra Paynaf Textil y Moda, S.L., en situación de rebeldía procesual.

Contra a devandita resolución cabe recurso de apelación que resolverá a Audiencia Provincial da Coruña e que se interporá ante o tribunal que ditase a resolución que se impugne dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da notificación daquela.

E, de conformidade co disposto no artigo 497.2 da LAC, polo presente edicto notifícase a Paynaf Textil y Moda, S.L., en paradoiro descoñecido e a quen, así mesmo, se fai saber que poderá ter coñecemento íntegro da mencionada resolución mediante a súa comparecencia no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Padrón.

Padrón, 18 de novembro de 2019

Fátima García Castro
Letrada da Administración de xustiza