Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Xoves, 19 de decembro de 2019 Páx. 53838

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (PO 79/2019).

Eu, Eva Ortiz Suárez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 79/2019 deste xulgado do social se ditou, con data de hoxe, dilixencia de ordenación e que poden interpor o oportuno recurso de reposición no prazo de tres días. Fáiselles saber aos interesados que poderán ter coñecemento íntegro da resolución na Secretaría do dito órgano xudicial.

Para que sirva de notificación en legal forma a Eironor Galicia, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 28 de novembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza