Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Xoves, 19 de decembro de 2019 Páx. 53839

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (ETX 149/2019).

Eu, Rafael González Alió, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 149/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ivelisse Inmaculada Rosario Salazar contra Jesús Amigo Santín sobre despedimento, e ditou a seguinte resolución:

Declárase extinguida no día da data a relación laboral que unía a Ivelisse Inmaculada Rosario Salazar coa empresa Jesús Amigo Santín, condenando a citada empresa ao aboamento das seguintes cantidades:

Nome traballadora: Ivelisse Inmaculada Rosario Salazar.

Indemnización: 2.455,45 euros (dous mil catrocentos cincuenta e cinco euros con corenta e cinco céntimos).

Salarios: 17.279,36 euros (dezasete mil douscentos setenta e nove euros con trinta e seis céntimos).

Salarios 6 días de xuño 2018 e vacacións non gozadas: 647,55 euros (seiscentos corenta e sete euros con cincuenta e cinco céntimos).

E para que sirva de notificación en legal forma a Jesús Amigo Santín, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Lugo, 25 de novembro de 2019

O letrado da Administración de xustiza