Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Xoves, 19 de decembro de 2019 Páx. 53835

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2019, da Xerencia da Universidade de Santiago de Compostela, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no cadro de persoal laboral de administración e servizos.

Por Resolución da Xerencia do 9 de outubro de 2019 (DOG núm. 201, do 22 de outubro) convócase a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo que se relaciona no anexo desta resolución.

De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, o xerente, no exercicio das competencias delegadas que se lle recoñecen por Resolución reitoral do 20 de xuño de 2018, dispón:

Primeiro. Resolver a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, efectuada por resolución da Xerencia do 9 de outubro de 2019 e adxudicar o posto convocado á persoa que se relaciona no anexo desta resolución.

Segundo. O destino adxudicado será irrenunciable, agás que antes de rematar o prazo de toma de posesión se obtivese outro mediante convocatoria pública, quedando obrigado o interesado, neste caso, a comunicarllo á Xerencia da USC no prazo de tres días.

Terceiro. O prazo para tomar posesión do novo destino será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. No caso de que a persoa adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días hábiles.

Cuarto. O prazo para tomar posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. O cómputo do prazo de toma de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, se concedesen á persoa interesada, no caso de incapacidade temporal a partir da data de alta.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2019

Antonio Javier Ferreira Fernández
Xerente da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Denominación do posto: vicexerente/a do Campus de Lugo.

Número de praza: PL001387.

Grupo: I.

Categoría laboral: técnico/a superior de xestión.

Complemento: 1.0.

Quenda: mañá/dispoñibilidade horaria/especial dedicación.

Localidade: Lugo.

Apelidos e nome: Martínez Rivas, Emilio Manuel.

DNI: ***5051**.