Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Mércores, 18 de decembro de 2019 Páx. 53687

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 29 de novembro de 2019, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a Resolución do 12 de novembro de 2019 relativa ao acto de conciliación formulado polos representantes dos montes veciñais en man común da Abeleira e de Alén, no concello de Beariz.

Examinada a solicitude de conciliación formulada polos representantes dos MVMC da Abeleira e de Alén, no concello de Beariz, resultan os seguintes

Feitos:

Primeiro. Con data do 3 de agosto de 2016 presentouse no rexistro da Xefatura Territorial do Medio Rural en Ourense (nº 11682/rx 2028185) un escrito relativo a un acto de conciliación entre os MVMC da Abeleira e de Alén, no concello de Beariz.

Posteriormente, o día 24 de novembro de 2016 o secretario da xunta reitora da CMVMC da Abeleira, presentou un escrito no rexistro da Xefatura Territorial do Medio Rural en Ourense co que achegou certificacións dun acordo do 10 de marzo de 2011 das asembleas xerais das CMVMC da Abeleira e de Alén.

Segundo. O 26 de marzo de 2019 tivo entrada no rexistro da Xefatura Territorial do Medio Rural en Ourense (nº 1089/rx 660998) nova documentación entre a cal figuran as certificacións de aprobación das asembleas xerais das CMVMC da Abeleira e de Alén, en relación co acto de conciliación celebrado no xulgado de paz de Beariz o 28 de xullo de 2013.

Terceiro. O informe do Servizo de Montes da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense do 2 de abril de 2019 indica que a solicitude foi realizada de acordo co artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

Aínda que na documentación non figura unha memoria descritiva, a estrema acordada está suficientemente definida na documentación achegada. De acordo co ela o perímetro estremeiro vén establecido pola liña recta que une os tres puntos coas coordenadas seguintes:

Denominación

Denominación

Sistema de referencia:

UTM, ETRS89. Fuso 29

Coordenada Y

Coordenada X

Coordenada Y

Porteira da Framia

Porteira da Framia

4703586,42

555552,89

4703371,47

Outeiro do Berrugo

Outeiro do Berrugo

4704106,18

556425,50

4703891,24

Fonte Cavada

Fonte Cavada

4705110,77

556588,26

4704895,85

Consideración legais e técnicas:

Primeiro. A presente resolución dítase ao abeiro do artigo 53 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Segundo. O artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, recolle o procedemento que se seguirá no deslindamento entre montes veciñais en man común e establece que o xurado provincial de clasificación de montes veciñais en man común, logo do exame da documentación presentada, ditara resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.

De acordo cos feitos e fundamentos de dereito expostos, o xurado provincial de clasificación de montes veciñais en man común acordou por unanimidade o día 4 de xuño de 2019:

Aprobar o acto de conciliación acadado polas xuntas reitoras da Abeleira e de Alén, no concello de Beariz, de acordo co informe favorable do Servizo de Montes do 2 de abril de 2019.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso- administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ourense, 29 de novembro de 2019

Yago Borrajo Sánchez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense